Xuíces para a Democracia subliña, tras a sentenza do Prestige, que o ditame "nada decide" a nivel político "porque nada pode decidir". "O erro na decisión técnica ou nas prioridades no momento da súa adopción pode non supoñer responsabilidade penal pero debería supoñer a asunción de responsabilidades políticas", din. Máis información sobre as reaccións á sentenza, hoxe en Praza.
Fálase
O investimento en I+D en España retrocede a niveis de 2007. En 2012 foi de 13.392 millóns, unha caída do 5,6% con respecto ao ano anterior. A cantidade total queda no 1,3% do PIB, lonxe do obxectivo marcado pola UE do 2%
O acordo entre Albada e os traballadores pon fin á folga de 108 días na planta de lixo da Coruña. Readmítense oito traballadores e dase "garantía de emprego" ata 2014.
El Periódico destaca que a caverna mediática, encabezada por ABC, La Razón ou La Gaceta, aplaude a sentenza do Prestige e a exculpación de todos os responsables.
Núñez Feijoo reúnese con representantes de Guggenheim antes da poxa de Novagalicia Banco, como anteriormente o fixera con La Caixa.
Pemex volve adiar a decisión sobre os floteis para aclarar aspectos técnicos. Leva a finais de mes a presentación de ofertas prevista para onte e reprogramará o calendario final do concurso
As portadas da prensa impresa recollen de forma destacada este xoves a sentenza do Prestige e a indignación que provocou en Galicia. Dende o Nadie pagará de La Voz de Galicia, até o Sin culpables por el Prestige de El País, pasando por el ¿Nunca Máis? de El Periódico
Bruxelas dará por rematado este xoves o plan de rescate financeiro en España sen que o crédito regrese á economía
Ana Miranda (BNG) envía unha queixa á UE pola sentenza do Prestige. Anuncia que enviou unha queixa ao comisario de Transportes pola "incompatibilidade da normativa de seguranza marítima europea coa sentencia de hoxe".
Funboa pon en escena Sigue buscando, unha produción teatral que une a representación cunha webserie. A obra denuncia a situación das artes escénicas e reflexiona con humor sobre os múltiplos fracasos que se superpoñen na actualidade.