Kepa Junkera lanza o vídeo promocional do seu novo disco, Galiza, gravado xunto a artistas do país e que presentará no vindeiro Culturgal.
Fálase
Alcaldes contra o copago farmacéutica volven intentar sen éxito reunirse con Feijóo para lle solicitar que non aplique este repago en Galicia. O rexedor de Riotorto insiste en que agarda que o presidente "non queira ser cómplice da morte dos seus compatriotas".
Crean unha petición en Change.org para que o Reino Unido incorpore Galicia ao seu territorio se Escocia acada a independencia no 2014. Recólleo Disquecool
A oposición recibirá este xoves a información sobre os contratos de Marcial Dorado, segundo lle aseguran dende o Parlamento a Europa Press.
Xuíces para a Democracia subliña, tras a sentenza do Prestige, que o ditame "nada decide" a nivel político "porque nada pode decidir". "O erro na decisión técnica ou nas prioridades no momento da súa adopción pode non supoñer responsabilidade penal pero debería supoñer a asunción de responsabilidades políticas", din. Máis información sobre as reaccións á sentenza, hoxe en Praza.
O investimento en I+D en España retrocede a niveis de 2007. En 2012 foi de 13.392 millóns, unha caída do 5,6% con respecto ao ano anterior. A cantidade total queda no 1,3% do PIB, lonxe do obxectivo marcado pola UE do 2%
O acordo entre Albada e os traballadores pon fin á folga de 108 días na planta de lixo da Coruña. Readmítense oito traballadores e dase "garantía de emprego" ata 2014.
El Periódico destaca que a caverna mediática, encabezada por ABC, La Razón ou La Gaceta, aplaude a sentenza do Prestige e a exculpación de todos os responsables.
Núñez Feijoo reúnese con representantes de Guggenheim antes da poxa de Novagalicia Banco, como anteriormente o fixera con La Caixa.
Pemex volve adiar a decisión sobre os floteis para aclarar aspectos técnicos. Leva a finais de mes a presentación de ofertas prevista para onte e reprogramará o calendario final do concurso