O PSdeG insta a Xunta a presentar o recurso de casación contra a sentenza do Prestige. "Nin a cidadanía nin o Goberno poden permanecer impasibles" despois de que o dano ambiental "nin chegase a calcularse", din os socialistas.
Fálase
Un curso do Ministerio de Defensa réndelle homenaxe a un militar golpista, responsable de múltiples bombardeos das tropas de Franco. Cóntao Público.es
A ONU esíxelle ao Estado español que busque as persoas desaparecidas durante o franquismo e subliña que os delitos da ditadura non prescribiron. En El Diario
López Sors asegura, tras ficar absolto na sentenza do Prestige, que é "máis ecoloxista que Nunca Máis". Asegúrao nunha entrevista en La Voz de Galicia
De Guindos prevé ter vendida Novagalicia Banco nun mes. Cóntao El País
Comezan as concentracións convocadas por Nunca Máis en protesta pola sentenza do xuízo do Prestige. Na imaxe, a de Vigo.
Iniciativa per Catalunya Verds levará a sentenza do Prestige ante a Comisión Europea. O eurodeputado Raül Romeva destaca que a sentenza "prexudica a prevención dos accidentes mariños, non repara o dano causado ás vítimas e demostra que en España hai impunidade ante os delitos ecolóxico"
O PSdeG anuncia que se suma ás concentracións convocadas por Nunca Máis para este serán. AGE e BNG xa amosaron o seu apoio ás mobilizacións da plataforma.
CC.OO. e CIG convocan unha folga na sanidade pública galega os vindeiros 9 e 10 de decembro. Nos últimos meses foron numerosas as denuncias sobre as externalizacións do Sergas, a destrución de emprego e a non reposición de xubilacións ou o copago
Esta mañá o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reúnese en San Caetano co presidente da Xunta.