O senador López Veiga, conselleiro de Pesca con Fraga, asegura en La Voz que "o que fixo a oposición" tras a traxedia do Prestige "foi unha canallada".
Fálase
A Xunta desmantela o servizo de transporte adaptado para persoas dependentes ou con discapacidade, creado polo bipartito. Cóntao El País.
O CD Lugo imponse por 0-2 á Ponferradina e mantense nos postos de privilexio da segunda división. O equipo galego estivo acompañado no Toralín por un bo número de siareiros e siareiras desprazados dende a cidade da Muralla. #derbidosancares
Anova reúnese en Pamplona con EH-Bildu para "explorar unha unidade de acción das forzas nacionalistas e das esquerdas rupturistas" de cara ás eleccións europeas. A delegación, encabezada por Xosé Manuel Beiras, reuniuse en días pasads coas CUP catalás e con Compromís, en Valencia.
O BNG reclama formalmente que a Comisión Europea "valore" se o resultado do xuízo do Prestige "se axusta á normativa comunitaria". A través de Ana Miranda os nacionalistas preguntan como avalía o Executivo comunitario que "ninguén teña que asuimir responsabilidades polas consecuencias do maior desastre ambiental de Galiza".
Condenan un home por inxuriar unha xornalista a través de Twitter. Cóntao a Cadena SER
A Academia da Televisión mediará ante a Generalitat Valenciana para tentar "salvar Canal 9", un obxectivo "difícil", segundo o presidente da entidade, Manuel Campo Vidal.
Xa está dispoñible a galería de imaxes das mobilizacións convocadas por Nunca Máis o pasado serán. Marea de dignidade
Galiza pola Soberanía conmemora a esta hora o 95º aniversario da Asemblea Nacionalista de Lugo, celebrada o 18 de novembro de 1918.
O PSdeG insta a Xunta a presentar o recurso de casación contra a sentenza do Prestige. "Nin a cidadanía nin o Goberno poden permanecer impasibles" despois de que o dano ambiental "nin chegase a calcularse", din os socialistas.