O Goberno vasco leva ao Constitucional a lei de acción exterior do Goberno central por invadir competencias autonómicas. En xuño de 2013 Feijóo asegurou non ter "ningún problema" coa norma, aínda que "supedita" ao Executivo español a política exterior das autonomías.
Fálase
O Somozas ascende á Segunda B de fútbol malia perder por 0-1 ante o Tenerife B grazas á súa vitoria no partido de ida.
Galiza Ano Cero pecha a súa primeira temporada coa gravación dun debate verbo do "municipalismo na crise do réxime" esta tarde na Coruña. Dende as 19:00, na casa Tomada, debaterán María Xosé Bravo, Manuel Rivas, Rocío Fraga, Alberto Lema, César Santiso, Santi Lamelo e Antón Gómez-Reino. Modera o xornalista Rodri Suárez.
O portal meteorolóxico 4gotas desbota a posibilidade de chuvias para a noite de San Xoán na maior parte de Galicia.
Comeza a circular polas redes sociais o logotipo e nome de Abanca como posible nova marca de Novagalicia Banco. A entidade ten previsto mudar a súa imaxe corporativa a finais da vindeira semana.
Feijóo inicia hoxe unha viaxe oficial a Alemaña. Prodúcese menos despois dun mes do percorrido do presidente da Xunta polo Xapón
Falece Gerry Conlon, o irlandés acusado con probas falsas dun atentado do IRA en 1974, cuxa historia foi levada ao cine co filme No nome do pai. En El Diario
Escotet asegúralle ao persoal de Novagalicia, reunido onte na Coruña, que non haberá máis ERE na entidade herdeira das desaparecidas caixas de aforro. O banco estreará nova marca comercial a vindeira semana. Recólleo Faro de Vigo.
Milleiros de persoas participaron este sábado nas distintas manifestacións convocadas polas Marchas da Dignidade. As de Andalucía e Galicia foron as máis masivas, á espera das convocadas esta tarde en Barcelona e Madrid.
Xabier P. Docampo foi homenaxeado este sábado pola AELG. A celebración O Escritor na súa Terra incluíu a plantación dunha árbore simbólica (unha cerdeira), a colocación dun monólito conmemorativo e a atribución do seu nome a unha avenida en Castro Ribeiras de Lea, a terra na que se criou.