O portal meteorolóxico 4gotas desbota a posibilidade de chuvias para a noite de San Xoán na maior parte de Galicia.
Fálase
Comeza a circular polas redes sociais o logotipo e nome de Abanca como posible nova marca de Novagalicia Banco. A entidade ten previsto mudar a súa imaxe corporativa a finais da vindeira semana.
Feijóo inicia hoxe unha viaxe oficial a Alemaña. Prodúcese menos despois dun mes do percorrido do presidente da Xunta polo Xapón
Falece Gerry Conlon, o irlandés acusado con probas falsas dun atentado do IRA en 1974, cuxa historia foi levada ao cine co filme No nome do pai. En El Diario
Escotet asegúralle ao persoal de Novagalicia, reunido onte na Coruña, que non haberá máis ERE na entidade herdeira das desaparecidas caixas de aforro. O banco estreará nova marca comercial a vindeira semana. Recólleo Faro de Vigo.
Milleiros de persoas participaron este sábado nas distintas manifestacións convocadas polas Marchas da Dignidade. As de Andalucía e Galicia foron as máis masivas, á espera das convocadas esta tarde en Barcelona e Madrid.
Xabier P. Docampo foi homenaxeado este sábado pola AELG. A celebración O Escritor na súa Terra incluíu a plantación dunha árbore simbólica (unha cerdeira), a colocación dun monólito conmemorativo e a atribución do seu nome a unha avenida en Castro Ribeiras de Lea, a terra na que se criou.
BDS-Galiza entrevista Moncho Iglesias, profesor vigués na Universidade de An-Najah (Nablus, Palestina), que denuncia que as autoridades isralíes lle impediron a entrada en Palestina para seguir traballando
Economistas sin Fronteras analiza a situación do pobo saharauí nun artigo que publica en El Diario: Sáhara Occidental, nuestra Palestina cercana. Denuncian que "nin Israel nin Marrocos obedecen os ditames de Nacións Unidas"
Oito ciclistas atropelados en Oia por unha furgoneta, algún deles pode que mesmo afectado de gravidade. Nos últimos anos foron varias as ocasións en que se reivindicou un carril bici Vigo-A Guarda "en condicións"