PP e PSOE únense na Coruña para evitar o cambio da taxa de depuración que apoiaron no consello da depuradora de Bens. O alcalde renuncia a modificar os impostos para evitar unha baixada do IBI "inxusta".
Fálase
Denuncian 4.000 galegos en catro anos por abandonar o coche no monte. A competencia para multar é dos concellos e as sancións poden chegar aos 900 euros.
O prezo do leite galego segue por baixo do custo de produción malia subir un chisco en setembro, ata os 28 céntimos por litro.
O voceiro de Podemos no Senado sinala que vendeu o seu piso protexido por non poder pagar a hipoteca. Ramón Espinar afirmouno en rolda de prensa en resposta á información publicada pola Cadena SER.
A localidade portuguesa de Matosinhos inaugura a Praça do Eixo Atlântico con representantes de concellos de Galicia e Portugal. Con esta inauguración conclúen os actos de Matosinhos como Capital Cultural do Eixo.
Os coches de alta gama pagarán máis impostos en Lugo. É unha das medidas introducidas nas ordenanzas fiscais do Concello lucense para 2017. Recólleo El Progreso
Detido en Vigo un home de 21 anos tras agredir a súa parella ante o fillo de ambos. Recólleo Europa Press
O voceiro de Podemos no Senado gañou 30.000 euros vendendo unha vivenda protexida sen chegar a ocupala. Comprou un piso de protección oficial por case 150.000 euros, sen sorteo público e estando no paro. Vendeuna antes dun ano por 176.000.
A Xunta estrea a versión en portugués do DOG
El País responde nun editorial ás críticas de Pedro Sánchez. Acúsano de "ausencia de cultura democrática" e de "ignorancia sobre o papel dos medios de comunicación" nun sistema democrático.