A localidade portuguesa de Matosinhos inaugura a Praça do Eixo Atlântico con representantes de concellos de Galicia e Portugal. Con esta inauguración conclúen os actos de Matosinhos como Capital Cultural do Eixo.
Fálase
Os coches de alta gama pagarán máis impostos en Lugo. É unha das medidas introducidas nas ordenanzas fiscais do Concello lucense para 2017. Recólleo El Progreso
Detido en Vigo un home de 21 anos tras agredir a súa parella ante o fillo de ambos. Recólleo Europa Press
O voceiro de Podemos no Senado gañou 30.000 euros vendendo unha vivenda protexida sen chegar a ocupala. Comprou un piso de protección oficial por case 150.000 euros, sen sorteo público e estando no paro. Vendeuna antes dun ano por 176.000.
A Xunta estrea a versión en portugués do DOG
El País responde nun editorial ás críticas de Pedro Sánchez. Acúsano de "ausencia de cultura democrática" e de "ignorancia sobre o papel dos medios de comunicación" nun sistema democrático.
Interior confirma ao xuíz 19 viaxes a Barcelona de dous mandos implicados na operación Cataluña. Admite que poden "existir outros" desprazamentos pero que non constan.
Tan só o 12% dos delitos de corrupción denunciados en Galicia son levados a xuízo. Case o 60% dos procesos abertos son por prevaricación
O Consello da Cultura Galega foi admitido esta mañá na Comunidade dos Países en Lingua Portuguesa (CPLP), durante a XI Conferencia de Xefes de Estado e de Goberno da entidade, en calidade de Observador Consultivo. O obxectivo é “facer máis visible a lingua e cultura galegas no exterior”
Garda Civil e Policía buscan en Gondomar un condutor que se deu á fuga despois de atropelar un ciclista. Este martes outro ciclista resultou ferido en Lourenzá tras recibir o impacto dun coche