El Diario debulla algunhas das primeiras medidas que podería adoptar Trump unha vez sexa investido presidente: paralizar a redución das emisións contaminantes, poñer fin a tratados de libre comercio vixentes (TPP, NAFTA) e futuros (TTIP), suspender o programa de acollida de refuxiados sirios ou penalizar comercialmente a China
Fálase
Leonard Cohen morreu esta noite aos 82 anos de idade, segundo se comunicou a través da súa conta de Facebook que non ofreceu máis detalles. O cantautor canadense viña de publicar un album, You want it darker, con excelentes críticas e continuas referencias á morte nas súas letras.
O 52% das novas sobre a comunidade xitana publicadas en Galicia trasladan unha “imaxe negativa”, segundo o informe que edita anualmente a Unión Romaní e que foi presentado este xoves en Pontevedra. Os enfoques negativos na nosa comunidade foron moi superiores á media española (19%). Juan de Dios Ramírez-Heredia, presidente da entidade, incidiu na importancia de “cambiar a mentalidade dos comunicadores”
Galicia gaña relevancia na CPLP. O Igadi analiza a incorporación do Consello da Cultura Galega á Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa como observador consultivo. O novo Igadi Paper pódese consultar nesta ligazón.
Ciudadanos ensaia con Arrimadas un discurso propio en Galicia e Euskadi tras os malos resultados electorais. Dirixentes recoñecen o discurso "rancio" fronte ás posicións políticas propias nalgunhas autonomías.
Milleiros de mozos maniféstanse nos EUA contra a vitoria de Donald Trump. As mobilizacións, sen convocatoria previa, comezaron en Nova York e espalláronse por outras localidades. Hai varios detidos.
Montoro prescinde da galega Currás como secretaria de Estado de Presupostos. A alto cargo era a encargada de deseñar as contas para rebaixar o déficit que case lle custa unha multa a España.
O ex conselleiro Guerra busca apoios para disputar a Muñoz o liderado do PP de Vigo. Lucía Molares tamén medita optar á presidencia do partido e os tres conta xa con apoio dabondo para se presentar.
#Cineuropa30 O festival Cineuropa sortea dous abonos de dez filmes entre quen compartan lembranzas das súas trinta edicións a través das redes sociais. Velaquí as condicións do sorteo do certame compostelán, que se desenvolve dende esta semana e ata fin de mes con máis de 200 películas.
VÍDEO | Aprender a atar os cordóns en galego é sinxelo coa axuda do polbo Po, mascota do proxecto Apego e protagonista do primeiro dunha serei de vídeos didácticos deste programa para achegar a lingua galega á rapazada.