Remata a aventura do CB Breogán cara á ACB. Esta tarde perdeu ante o Menorca e fica apeado da fase de ascenso.
Fálase
Finaliza tamén a liga na Terceira División galega. O Ourense é campión e loitará polo ascenso xunto a Alondras, Cerceda e Pontevedra. Perden a categoría o Xuventú Sanxenxo, o Lalín, o Estradense e o Cultural Areas. Poderían marchar con eles tamén As Pontes e Betanzos, que dependen do que aconteza nos play off de ascenso.
3ª división, xornada 38 Rápido de Bouzas 4 - 3 Ordes Estradense 2 - 2 Villalonga FC Racing de Ferrol 2 - 1 Alondras CF Racing Vilalbés 3 - 3 Negreira Deportivo B 0 - 0 Ourense Betanzos 2 - 1 Cultural Areas Xuventú Sanxenxo 0 - 1 CD Lalín UD Somozas 2 - 3 Pontevedra CF Cerceda 1 - 0 CD Dorneda Remata a derradeira xornada de liga regular na 2ªB. A vitoria ante o Albacete sérvelle ao Coruxo para manter unha categoría que perden Montañeros e Celta B. O Lugo, que caeu ante o Toledo, pelexará polo ascenso á Segunda División
2ªB, xornada 38 Coruxo FC 1 - 0 Albacete Balompié Montañeros CF 2 - 1 Sporting B CD Toledo 4 - 0 CD Lugo La Roda CF 4 - 0 RC Celta B O partido de Angela Merkel, a CDU, perde as eleccións no estado federado de Renania do Norte-Westfalia. Na Cadena SER.
Fútbol. Tras as contundentes vitorias de onte dos nosos representantes e o traspé do Valladolid no seu partido de hoxe, o Celta volta acompañar o Deportivo nos dous postos de ascenso directo á Primeira División. Os coruñeses contan con 7 puntos de vantaxe sobre vigueses e pucelanos, empatados a puntos entre si pero con vantaxe para os galegos no confronto directo.
Hóquei a patíns feminino. Novo revés para o Traviesas, que aínda non conseguiu nin un só punto en 22 xornadas de competición, sendo goleadas desta volta na casa por un dos equipos máis fortes da competición o Biescas de Gijón (0 a 5).
Hóquei a patíns masculino. Na División de Honra, o Liceo venceu o Reus por un contundente 9 a 2 e garantiu o subcampeonato. O título está practicamente descartado, xa que unha vitoria do FC Barcelona mañá ante o Calafell faría que os azulgranas fosen inalcanzables, a falta das tres últimas xornadas. Na Primeira, derrotas intrascendentes do Ordes (7 a 4 na cancha do Mataró) e do Cerceda (4 a 6 na casa ante o Vila-Seca), xa que tanto ordenses como cercedáns teñen garantida a permanencia desde hai varias semanas.
O PSdeG da Coruña asegura que o goberno de Carlos Negreira "non pagou o 43%" das axudas comprometidas a "entidades sociais e benéficas"
Fútbol sala feminino. Na máxima categoría estatal, o CD Burela baixa ao cuarto posto tras caer derrotado 2 a 1 en Logroño polo Diamante, mentres o Ponte Ourense asume provisionalmente o viceliderado ao vencer o Rubí a domicilio por 1 a 8. Tanto as ourensás como as burelás, separadas por 1 punto, manteñen aínda opcións ao título, que neste momento sería para o Atlético Féminas. O terceiro equipo galego na competición, o Cidade das Burgas, está na parte media-baixa da clasificación e aínda debe asegurar a permanencia, obxectivo que está ao alcance da man.
Fútbol sala masculino. Rematou a Liga na División de Honra e na División de Prata. Na máxima categoría, o Lobelle confirmou o 5º posto ao empatar na casa co Triman Navarra e xogará a primeira eliminatoria dos playoffs contra o Caja Segovia. O Azkar Lugo pechou o ano cunha derrota que estivo a piques de custarlle cara, mais o triunfo de El Pozo na cancha do Marfil Santa Coloma evítalle a promoción de permanencia. Precisamente o CD Burela, actualmente na División de Prata, é un dos clubes clasificados para tentar o ascenso, camiño que comezará nunha eliminatoria contra o Manzanares.