O partido de Angela Merkel, a CDU, perde as eleccións no estado federado de Renania do Norte-Westfalia. Na Cadena SER.
Fálase
- PublicidadePublicidade
Fútbol. Tras as contundentes vitorias de onte dos nosos representantes e o traspé do Valladolid no seu partido de hoxe, o Celta volta acompañar o Deportivo nos dous postos de ascenso directo á Primeira División. Os coruñeses contan con 7 puntos de vantaxe sobre vigueses e pucelanos, empatados a puntos entre si pero con vantaxe para os galegos no confronto directo.
- PublicidadePublicidade
Hóquei a patíns feminino. Novo revés para o Traviesas, que aínda non conseguiu nin un só punto en 22 xornadas de competición, sendo goleadas desta volta na casa por un dos equipos máis fortes da competición o Biescas de Gijón (0 a 5).
- PublicidadePublicidade
Hóquei a patíns masculino. Na División de Honra, o Liceo venceu o Reus por un contundente 9 a 2 e garantiu o subcampeonato. O título está practicamente descartado, xa que unha vitoria do FC Barcelona mañá ante o Calafell faría que os azulgranas fosen inalcanzables, a falta das tres últimas xornadas. Na Primeira, derrotas intrascendentes do Ordes (7 a 4 na cancha do Mataró) e do Cerceda (4 a 6 na casa ante o Vila-Seca), xa que tanto ordenses como cercedáns teñen garantida a permanencia desde hai varias semanas.
- PublicidadePublicidade
O PSdeG da Coruña asegura que o goberno de Carlos Negreira "non pagou o 43%" das axudas comprometidas a "entidades sociais e benéficas"
- PublicidadePublicidade
Fútbol sala feminino. Na máxima categoría estatal, o CD Burela baixa ao cuarto posto tras caer derrotado 2 a 1 en Logroño polo Diamante, mentres o Ponte Ourense asume provisionalmente o viceliderado ao vencer o Rubí a domicilio por 1 a 8. Tanto as ourensás como as burelás, separadas por 1 punto, manteñen aínda opcións ao título, que neste momento sería para o Atlético Féminas. O terceiro equipo galego na competición, o Cidade das Burgas, está na parte media-baixa da clasificación e aínda debe asegurar a permanencia, obxectivo que está ao alcance da man.
- PublicidadePublicidade
Fútbol sala masculino. Rematou a Liga na División de Honra e na División de Prata. Na máxima categoría, o Lobelle confirmou o 5º posto ao empatar na casa co Triman Navarra e xogará a primeira eliminatoria dos playoffs contra o Caja Segovia. O Azkar Lugo pechou o ano cunha derrota que estivo a piques de custarlle cara, mais o triunfo de El Pozo na cancha do Marfil Santa Coloma evítalle a promoción de permanencia. Precisamente o CD Burela, actualmente na División de Prata, é un dos clubes clasificados para tentar o ascenso, camiño que comezará nunha eliminatoria contra o Manzanares.
- PublicidadePublicidade
Fútbol: O Olivo conseguiu a cuarta vitoria da temporada ao impoñerse por 2-0 ao Reocín e as viguesas quedan co consolo de non descender como colistas, condición que a falta de dúas datas para a conclusión do campeonato xa está adxudicada para o seu rival desta xornada.
- PublicidadePublicidade
Hoquei a patins: o Liceo da Coruña venceu o Reus por un contundente 9 a 2 e garantiu o subcampeonato. Na Primeira, derrotas intrascendentes do Ordes (7-4 contra o Mataró) e do Cerceda (4-6 ante o Vila-Seca), xa que tanto ordenses como cercedáns teñen garantida a permanencia desde hai varias semanas. Canto á máxima categoría feminina, novo revés para o Traviesas, que aínda non conseguiu nin un só punto en 22 xornadas de competición, sendo goleadas desta volta na casa por un dos equipos máis fortes da competición o Biescas de Gijón (0 a 5).
- PublicidadePublicidade
O BNG aclama a Jorquera no lanzamento da súa candidatura nun ambiente festivo. Esta tarde, en Praza.
- PublicidadePublicidade