O BNG aclama a Jorquera no lanzamento da súa candidatura nun ambiente festivo. Esta tarde, en Praza.
Fálase
O BNG consegue encher os 2.100 asentos do Palacio de Congresos de Galicia na súa Convención Nacional, coa que esta mañá os nacionalistas lanzan a candidatura de Francisco Jorquera á presidencia da Xunta.
O rexeitamento de Unió Democràtica de Catalunya ás teses independentistas no seu Congreso Nacional tensan as relacións co seu socio, Convergència. En Vilaweb.
O Club Ourense Baloncesto tamén ten en xogo esta tarde a súa fase de ascenso
A Cadena SER elabora un docudrama sobre a semana de maio de 2010 na que o Goberno central aplicou o primeiro paquete de recortes ante os rumores de intervención da Unión Europea
Un grupo de adolescentes que sufriron diferentes tipos de cancro elabora unha web dirixida a outros mozos coa enfermidade co obxectivo de informalos e orientalos.
O Ministerio de Facenda podería intervir Asturias. A inestabilidade do Principado impediría cumprir as esixencias de déficit, informa La Información
Esta tarde, ás 18:00 o Breogán xoga a unha soa carta as súas aspiracións de ascender á Liga ACB tras perder o terceiro partido do play off contra o Menorca
O BNG celebra este mediodía, ás 12, a Convención Nacional na que lanzará a candidatura de Francisco Jorquera á Xunta
O diario El País informa da desaparición das dilixencias dunha causa xudicial contra o ex candidato á alcaldía de Pontevedra polo PP, Telmo Martín, por unha recualificación de terreos