O Ministerio de Facenda podería intervir Asturias. A inestabilidade do Principado impediría cumprir as esixencias de déficit, informa La Información
Fálase
Esta tarde, ás 18:00 o Breogán xoga a unha soa carta as súas aspiracións de ascender á Liga ACB tras perder o terceiro partido do play off contra o Menorca
O BNG celebra este mediodía, ás 12, a Convención Nacional na que lanzará a candidatura de Francisco Jorquera á Xunta
O diario El País informa da desaparición das dilixencias dunha causa xudicial contra o ex candidato á alcaldía de Pontevedra polo PP, Telmo Martín, por unha recualificación de terreos
A maior parte dos diarios impresos do Estado levan este domingo ás súas portadas as manifestacións do movemento 15M e o seu rexurdimento tralas masivas mobilizacións
Novagaliciabanco confírmoulle este serán á Comisión Nacional do Mercado de Valores que as provisións que terá que facer para adaptarse á reforma financeira do Goberno central "ascenden a 1.109 millones de euros". Como resultado desta operación "minorarán os resultados do exercicio en 776 millones de euros"
Unhas 6.000 persoas reclaman en Vigo solucións para o sector naval. Este serán, a información en Praza.
#12M15M #12MGlobal O aniversario do 15M enche as rúas nas manifestacións convocadas en toda Galicia. Nuns minutos, en Praza.
O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, subliña dende Madrid, onde participa no consello territorial do PSOE, que a nova reforma financeira trae consigo "máis dificultades" para Novagalicia Banco e insta a Feijóo a que "deixe de enganar os galegos" sobre o futuro da entidade.
O candidato do BNG á Xunta, Francisco Jorquera, amósase convencido de que a nova reforma financeira do Goberno "aboca Novagalicia Banco a ser poxada a prezo de saldo". Sinalouno antes de participar nos actos do Día Mundial da Fibromialxia, nos que leu o manifesto da xornada.