#12M15M #12MGlobal O aniversario do 15M enche as rúas nas manifestacións convocadas en toda Galicia. Nuns minutos, en Praza.
Fálase
O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, subliña dende Madrid, onde participa no consello territorial do PSOE, que a nova reforma financeira trae consigo "máis dificultades" para Novagalicia Banco e insta a Feijóo a que "deixe de enganar os galegos" sobre o futuro da entidade.
O candidato do BNG á Xunta, Francisco Jorquera, amósase convencido de que a nova reforma financeira do Goberno "aboca Novagalicia Banco a ser poxada a prezo de saldo". Sinalouno antes de participar nos actos do Día Mundial da Fibromialxia, nos que leu o manifesto da xornada.
Esta tarde tamén se celebra, en Vigo, unha manifestación unitaria en defensa do sector naval.
#12M15M #12M15Msaio Lembrámosvos as horas e lugares das mobilizacións desta tarde en varias localidades do país
A Coruña 17:30, Praza da Palloza Santiago 18:00, Alameda Ferrol 18:00, Praza de Armas Pontevedra 18:30, Alameda Lugo 18:30, Praza Maior Vigo 19:00, Praza de España Ourense 19:00, Alameda Monforte 19:00, Praza de España Chantada 19:00, Praza do Cantón A revista The New Yorker parabeniza o presidente estadounidense, Barack Obama, "pola súa valentía" ao defender o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e resúmeo cunha orixinal portada
O Goberno central aprobou onte unha declaración institucional "con motivo do Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia", pero a vicepresidenta Sáenz de Santamaría non a mencionou na súa comparecencia ante os medios posterior ao Consello de Ministros
A práctica totalidade dos diarios impresos levan hoxe ás súas portadas a reforma financeira do Goberno central, que obrigará a Novagalicia Banco a provisionar uns 1.000 millóns de euros máis
Correspondentes estranxeiros negan a teoría do Goberno central e dos comerciantes madrileños segundo a cal as protestas do movemento 15M "prexudican a imaxe" do Estado no exterior. En La Información.
A asociación A Gentalha do Pichel celebra ao longo de toda o día de hoxe A Festa do 17. Polas rúas do centro de Santiago o colectivo cultural desenvolve un amplo programa de actividades, adiantándose á festa da lingua do Día das Letras.