Esta tarde tamén se celebra, en Vigo, unha manifestación unitaria en defensa do sector naval.
Esta tarde tamén se celebra, en Vigo, unha manifestación unitaria en defensa do sector naval.
#12M15M #12M15Msaio Lembrámosvos as horas e lugares das mobilizacións desta tarde en varias localidades do país
| A Coruña | 17:30, Praza da Palloza |
| Santiago | 18:00, Alameda |
| Ferrol | 18:00, Praza de Armas |
| Pontevedra | 18:30, Alameda |
| Lugo | 18:30, Praza Maior |
| Vigo | 19:00, Praza de España |
| Ourense | 19:00, Alameda |
| Monforte | 19:00, Praza de España |
| Chantada | 19:00, Praza do Cantón |
A revista The New Yorker parabeniza o presidente estadounidense, Barack Obama, "pola súa valentía" ao defender o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e resúmeo cunha orixinal portada
O Goberno central aprobou onte unha declaración institucional "con motivo do Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia", pero a vicepresidenta Sáenz de Santamaría non a mencionou na súa comparecencia ante os medios posterior ao Consello de Ministros
A práctica totalidade dos diarios impresos levan hoxe ás súas portadas a reforma financeira do Goberno central, que obrigará a Novagalicia Banco a provisionar uns 1.000 millóns de euros máis
Correspondentes estranxeiros negan a teoría do Goberno central e dos comerciantes madrileños segundo a cal as protestas do movemento 15M "prexudican a imaxe" do Estado no exterior. En La Información.
A asociación A Gentalha do Pichel celebra ao longo de toda o día de hoxe A Festa do 17. Polas rúas do centro de Santiago o colectivo cultural desenvolve un amplo programa de actividades, adiantándose á festa da lingua do Día das Letras.
O persoal dos centros de Traballo e Benestar considera "todo un éxito" as mobilizacións desenvolvidas este venres. Iniciada na Cidade da Cultura como "símbolo máximo do desbalde", os traballadores fixeron fincapé en que é "mentira o que dixo a conselleira Beatriz Mato" e sinalan que os seus postos de traballo si están en perigo
O PPdeG organiza mañá un "xantar multitudinario" na Coruña baixo o lema Comprometidos con Feijóo
Falece en Bos Aires Manuel Cordeiro, pintor na emigración e un dos últimos supervivintes da xeración que participou no Primeiro Congreso da Emigración Galega en 1956