Máis de 700 persoas participaron nas primarias da Marea Atlántica desta fin de semana. Os doce candidatos elixidos coñeceranse hoxe e completarán a lista que lidera Xulio Ferreiro na Coruña e que completarán catro persoas "de consenso" máis.
Fálase
Unha vertedura de hidrocarburos obriga a pechar ao marisqueo toda a ría do Burgo. En febreiro a ría xa permaneceupechada 15 días pola presenza de toxina paralizante
Diagonal celebra o seu décimo aniversario. O periódico publicou o seu primeiro número o 3 de marzo de 2005.
A Xunta prevé recadar en 2015 un 4,8% menos que en 2014. Tan só outras catro comunidades autónomas prevén reducir os seus ingresos este ano. A recadación quedaría un 16% por debaixo da de antes do inicio da crise.
Un excandidato do PP denuncia enchufes do partido en Ourense e acusa no xulgado ao alcalde de Barbadás de amañar oposicións
O sector da construción descendeu en Galicia en 2014 por sexto ano consecutivo. Dende 2008 o valor xerado por esta actividade caeu 3.000 millóns de euros, e levou a metade do emprego xerado.
O Celta cae 4-1 ante o Villarreal tras unha mala primeira parte. A reacción no segundo tempo non lle foi dabondo o equipo vigués, que se mantén lonxe da zona de descenso.
O Racing de Ferrol gaña ao Sporting B (3-1) na única vitoria galega na Segunda B. O Celta B caeu ante o Oviedo (1-4), o Somozas ante o Marino (1-0), o Coruxo ante o Astorga (3-1) e o Compostela ante o Lealtad (3-2).
O Pontevedra mantense firme no liderado da Terceira División tras vencer o Cultural Areas (3-0). No resto da xornada: Choco 2 2 Arousa; Rápido de Bouzas 1 1 Barbadás; As Pontes 1 0 Bertamiráns; Alondras 0 0 Laracha; Cerceda 3 1 Boiro; Pontevedra 3 0 Cultural Areas; Bergantiños 1 2 Silva; Ribadeo 2 1 Racing Vilalbés; Fabril 2 0 Xuventú Sanxenxo; Ribadumia 1 0 Ordes.
O Goberno insiste en que non deterá os ministros franquistas reclamados pola Interpol. Asegura que as ordes non son vinculantes malia a reclamación da xuíza arxentina Servini de Cubría.