O Goberno insiste en que non deterá os ministros franquistas reclamados pola Interpol. Asegura que as ordes non son vinculantes malia a reclamación da xuíza arxentina Servini de Cubría.
Fálase
Galicia, campioa de España feminina de fútbol sala en categoría sub 21. O equipo galego venceu a Comunitat Valenciana por 7-3.
Máis de 500 persoas votaron xa nas primarias da Marea Atlántica nun proceso de elección interna que o seu candidato, Xulio Ferreiro, cualifica como "o de maior participación de todos os que se realizaron na Coruña para estas eleccións". A votación está aberta ata as oito desta tarde.
Arranca en Compostela a manifestación unitaria do feminismo galego polo Día Internacional da Muller. Toda a información, hoxe en Praza. Fotografía de @obloque.
Santiago Vidal vería "fantástico unha Cataluña libre asociada á España de Podemos". O xuíz denuncia a matriz "franquista" dos altos mandos do Poder Xudicial e ve necesario rachar co bipartidismo español.
Inspección de Traballo multou 110 empresas por discriminar mulleres en 2013 no Estado. A maioría das infraccións tiveron que ver co incumprimento ou a ausencia de plans de igualdade en compañías con obriga de telos.
Expertos cren que a economía galega seguirá estancada en 2015. Os economistas consideran que o consumo seguirá sen repuntar neste exercicio, que confirman o crecemento menor de Galicia con respecto ao Estado.
Podemos, PSOE, PP e Ciudadanos poderían gañar as vindeiras eleccións xerais, segundo unha enquisa de Metroscopia para El País. Os catro partidos abranguerían ata o 80% dos votos.
O Lugo remonta e vence o Barcelona B (3-2) no Anxo Carro. Un gol do burelao Luís Fernández deulle a vitoria aos galegos a dous minutos do final.
O Deportivo cae en Riazor ante o Sevilla (3-4) e segue en zona de perigo. Os goles de Oriol Riera (2) e Lucas Pérez non foron dabondo para puntuar nun encontro con moitas ocasións.