Máis de 500 persoas votaron xa nas primarias da Marea Atlántica nun proceso de elección interna que o seu candidato, Xulio Ferreiro, cualifica como "o de maior participación de todos os que se realizaron na Coruña para estas eleccións". A votación está aberta ata as oito desta tarde.
