O galego José Rodríguez Carballo, membro da curia vaticana, avanza a posibilidade dunha visita do papa a Galicia o ano vindeiro
Fálase
Feijóo, acabado de chegar a Galicia, preside hoxe o Consello da Xunta e ofrece a súa primeira comparecencia ante a prensa tras a dimisión de Paula Prado e en plena crise institucional en Santiago.
Adrián Pérez (Pontevedra, 1980) vén de gañar o Premio Proxecto Fin de Carreira do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. Presentou o proxecto Programación de Algoritmos de Redución nunha GPU.
Caxade confirma que tocará con Belle&Sebastian no concerto que o grupo ofrecerá o 28 de xullo na Praza da Quintana de Compostela.
Paula Prado, portavoz do PPdeG, presenta a súa dimisión "irrevogable" á portavocía, aínda que continuará como deputada, por estar sendo investigada no marco da Operación Pokémon. Toda a información, nuns minutos en Praza.
O fiscal xeral do Estado sentencia sobre un posible referendo a respecto da forma do Estado que "o que non está na Constitución, non existe". Recólleo El Mundo.
O alcalde de Santiago e a súa 'número dous' asumen todas as competencias dos nove edís que abandonaron os seus cargos. Fixérono a través de dous decretos asinados esta mañá.
Jorge Mira, galardoado na vixésima edición dos Premios Lois Peña Novo, que recoñecen o traballo de persoas ou entidades que fan que a lingua galega se consolide no eido das administracións públicas e na sociedade en xeral. Tamén foron premiados o Colexio Oficial de Traballadores e Traballadoras Sociais e a xuíza Dalila Dopazo Blanco.
A venda do 7,8% das accións de Repsol por parte de Pemex, que se interpreta como unha retirada no seu intento de controlar a empresa, podería ter consecuencias negativas para os encargos dos dous floteis realizados pola compañía mexicana aos estaleiros galegos, segundo publica El Confidencial.
O pleno do Concello de Teo debateu e aprobou unha moción, Polo dereito a decidir das persoas e dos pobos, que demanda a convocatoria dun plebiscito que abra a porta a un proceso constituínte.