Jorge Mira, galardoado na vixésima edición dos Premios Lois Peña Novo, que recoñecen o traballo de persoas ou entidades que fan que a lingua galega se consolide no eido das administracións públicas e na sociedade en xeral. Tamén foron premiados o Colexio Oficial de Traballadores e Traballadoras Sociais e a xuíza Dalila Dopazo Blanco.
Fálase
A venda do 7,8% das accións de Repsol por parte de Pemex, que se interpreta como unha retirada no seu intento de controlar a empresa, podería ter consecuencias negativas para os encargos dos dous floteis realizados pola compañía mexicana aos estaleiros galegos, segundo publica El Confidencial.
O pleno do Concello de Teo debateu e aprobou unha moción, Polo dereito a decidir das persoas e dos pobos, que demanda a convocatoria dun plebiscito que abra a porta a un proceso constituínte.
O PP convoca unha rolda de prensa de Paula Prado para este mediodía. A voceira dos conservadores levaba tres meses sen comparecer ante a prensa.
O presidente do Congreso mantén que "os que piden un referendo" sobre a forma do Estado representan "unha opinión minoritaria". Asegúrao nunha entrevista concedida a El Diario, na que tamén salienta que o rei "non pde ser un cidadán normal".
O novo xuíz do caso do accidente de Angrois substituirá o maxistrado Luis Aláez antes do día 21. Cóntao Faro de Vigo
O 50% da poboación galega reclama un referendo "para elixir entre Monarquía ou República", segundo unha sondaxe que publica La Voz
A película Encallados, dirixida por Alfonso Zarauza, comeza a súa xira de exhibición por teatros e auditorios de Galicia, empregando novidosas fórmulas de distribución, coma o Vídeo Baixo Demanda (VOD). O filme relata as dificultades para producir unha película sobre o Prestige.
A vicepresidenta Sáenz de Santamaría sentencia que un referendo sobre Monarquía ou República é "como merendar a cea, empezar polo final". Díxoo en resposta a Esquerda Unida no Senado. Recólleo El Diario
O proxecto Montenoso, recoñecido no certame Prix Ars Electrónica, o festival de meirande prestixio dentro da arte dixital e multimedia. A súa proposta Comúns rurais comúns dixitais foi distinguida coa Mención de Honra na categoría Comunidades Dixitais