A vicepresidenta Sáenz de Santamaría sentencia que un referendo sobre Monarquía ou República é "como merendar a cea, empezar polo final". Díxoo en resposta a Esquerda Unida no Senado. Recólleo El Diario
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/538de94cd3696-gobierno-senado-peticion-referendum-monarquia_ediima20140603_0441_13.jpg)
A vicepresidenta Sáenz de Santamaría sentencia que un referendo sobre Monarquía ou República é "como merendar a cea, empezar polo final". Díxoo en resposta a Esquerda Unida no Senado. Recólleo El Diario
O proxecto Montenoso, recoñecido no certame Prix Ars Electrónica, o festival de meirande prestixio dentro da arte dixital e multimedia. A súa proposta Comúns rurais comúns dixitais foi distinguida coa Mención de Honra na categoría Comunidades Dixitais
PP, PSOE, UPyD, CC, UPN e FAC apoiarán no Congreso a lei de sucesión aprobada este martes por un Consello de Ministros extraordinario. O PNV absterase e CiU aínda non anunciou o seu voto.
A evolución do voto nas eleccións europeas, nunha ollada. O sociólogo Carlos Neira publica no seu blog unha serie de cartogramas cos cambios experimentados no apoio ás distintas forzas políticas en todo o Estado.
Dimite a concelleira de Educación de Santiago, Rebeca Domínguez, tamén imputada na Pokémon. Coa súa marcha son nove as vacantes no goberno municipal do PP, que dirixe Ángel Currás. A información, esta tarde en Praza.
Desestimada a demanda de Aznar contra El País por vinculalo ao cobramento de sobresoldos no PP. A xuíza considera que a información é veraz e de interese público e condena o ex presidente español a pagar as costas do xuízo.
O Tribunal Constitucional bota abaixo o euro por receita imposto pola Comunidade de Madrid, por entender que invade competencias exclusivas do Estado central. A sentenza vai na mesma liña da que o mes pasado anulou unha medida semellante da Generalitat de Catalunya.
O paro rexistrado baixa en 6.700 persoas en Galicia a respecto do mes anterior. Hai 20.442 persoas menos anotadas nas oficinas de emprego que hai un ano e o total queda en 263.444.
Rubalcaba non dimitiu para controlar o PSOE ante a abdicación do rei. Cóntao El Diario.
A xuíza da Pokémon investiga un posible caso de tráfico de influencias e malversación ligado a servizos para o trofeo Teresa Herrera da Coruña. Cóntao Faro de Vigo.