Dimite a concelleira de Educación de Santiago, Rebeca Domínguez, tamén imputada na Pokémon. Coa súa marcha son nove as vacantes no goberno municipal do PP, que dirixe Ángel Currás. A información, esta tarde en Praza.
Fálase
Desestimada a demanda de Aznar contra El País por vinculalo ao cobramento de sobresoldos no PP. A xuíza considera que a información é veraz e de interese público e condena o ex presidente español a pagar as costas do xuízo.
O Tribunal Constitucional bota abaixo o euro por receita imposto pola Comunidade de Madrid, por entender que invade competencias exclusivas do Estado central. A sentenza vai na mesma liña da que o mes pasado anulou unha medida semellante da Generalitat de Catalunya.
O paro rexistrado baixa en 6.700 persoas en Galicia a respecto do mes anterior. Hai 20.442 persoas menos anotadas nas oficinas de emprego que hai un ano e o total queda en 263.444.
Rubalcaba non dimitiu para controlar o PSOE ante a abdicación do rei. Cóntao El Diario.
A xuíza da Pokémon investiga un posible caso de tráfico de influencias e malversación ligado a servizos para o trofeo Teresa Herrera da Coruña. Cóntao Faro de Vigo.
Moita xente tamén en Vigo, diante do MARCO. Imaxe: @nachovizcaino
Tamén está ateigada a praza do Toural, en Compostela, onde coinciden as dúas concentración convocadas na cidade para esta hora.
Tamén está ateigada a praza do Toural, en Compostela, onde coinciden as dúas concentración convocadas na cidade para esta hora.
Masiva participación nas distintas concentracións convocadas en todas as cidades galegas en demanda dun referendo para decidir a forma de Estado. Na imaxe, o Obelisco da Coruña.