Eleccións en Francia. A participación en Francia alcanza o 72% á tarde, máis dun punto superior á de hai catro anos.
Fálase
Eleccións en Francia. O diario belga Le Soir adianta as sondaxes que se publicarán ás 6 da tarde. Hollande gañaría co 53% dos votos, fronte ao 47% de Sarkozy.
O "uso flexible" da tarxeta sanitaria será unha das prioridades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no Cumio Ibérico que se celebrará o vindeiro mércores no Porto. Representantes de ambas as dúas rexións xa transmitiron esta petición aos seus respectivos gobernos.
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública esixe unha rectificación "inmediata" ao Valedor do Pobo logo de que este defendese os recortes como "xustos, imprescindibles e innecesarios" e suspender a Lei de Dependencia.
A participación descende catro puntos nas eleccións francesas. Os primeiros datos desta segunda volta falan dun 30,66% ao mediodía, fronte ao 34,11% de 2007.
O líder de Nuevas Generaciones en Cataluña e deputado, José Antonio Coto, asegura que os mozos socialistas conciben a universidade "como unha macrofesta do cannabis" e que fan "folgas silvestres" e contraponos aos do PP "que se erguen cada mañá ao sonar o derpertador". Podesdes escoitalo aquí.
Bruxelas dirá o vindeiro venres se os axustes anunciados polo Goberno de Rajoy son suficientes para cumprir o compromiso de redución do déficit público. A Comisión publicará ese mesmo día as súas previsións económicas, nas que rebaixará as cifras de crecemento de España.
A Defensora do Espectador de RTVE recibe "un gran continxente" de cartas "en contra da volta das touradas" á televisión pública, segundo se desprendo do último informe sobre o Código de Protección da Infancia e da Mocidade.
O BNG lanzará o seu candidato nunha convención na próxima fin de semana na que se presentará "en disposición de disputarlle o partido ao PP" e como "única alternativa ás políticas de dereita".
David Cameron podería dimitir como líder do Partido Conservador. O primeiro ministro do Reino Unido pretende así evitar que os tories sufran unha nova desfeita electoral nos vindeiros comicios, segundo revelou unha deputada conservadora e tras os malos resultados das eleccións municipais.