O Diario Oficial de Galicia publica este martes a normativa de permanencia da Universidade de Santiago, fortemente contestada polas organizacións estudantís.
Fálase
"Se Rajoy quere salvar España, ten que enfrontarse á banca", advirte o Wall Street Journal, que atribúe ao presidente "gran parte da responsabilidade" da situación económica do Estado e cre que as súas solucións á crise "son moi tímidas".
O Goberno portugués pon en marcha un novo sistema para que os vehículos con matrícula estranxeira paguen as peaxes nas autoestradas que antes eran autovías no país. Trátase dunha tarxeta "precargada" que se asocia á matrícula do automóbil. Cóntao Público.
Un decreto da Xunta obrigará as empresas a respectar a toponimia oficial galega e permitirá non darlles subvencións ás editoriais de libros escolares que empreguen toponimia deturpada. Adiántao El País.
A economía marca un día máis as primeiras páxinas dos diarios impresos. Nunha entrevista en La Vanguardia o ministro Luis de Guindos asegura que o Estado non precisará unha intervención total e teima en asegurar que a condicionalidade do rescate bancario é só para as propias entidades financeiras.
A Xunta promociona Galicia no metro de Londres cun erro gramatical en inglés, escribindo "just and hour" cando debera figurar "just an hour" (foto: @AlbertoMancebo)
Efectivos de Salvamento Marítimo traballan na extinción dun incendio declarado nun barco atracado no porto de Ribeira (foto: @BREOGAHN)
Horarios e saída das manifestacións contra os recortes do vindeiro xoves 19 en Galicia, convocadas por CIG, CCOO e UGT:
A Coruña (acto central): ás 20 horas da Praza da Palloza
Compostela: 20:00 horas da Alameda
Vigo: 20:30 horas da Vía Norte
Ourense: 20 horas, do Pavillón dos Remedios
Lugo: 20 horas con saída da Ronda da Muralla, do local sindical
Burela: 20 horas, da Praza da Mariña
Vilagarcía de Arousa: 21 horas, da Casa do Mar
Pontevedra: 20:30 horas, da Praza da Ferrería
Ferrol: 20:30 horas do InferniñoVarias convocatorias en diferentes redes sociais animan a participar nunha cazolada ante as sedes do PP este mércores ás 19 horas en todo o Estado. Na imaxe, o cartel da de Pontevedra.
A Fundación Galega contra o Narcotráfico (FGCN) considera que a saída da cadea de Laureano Oubiña, prevista para este martes, será un día "marcado en negro" no calendario de loita contra a droga.