A Fundación Galega contra o Narcotráfico (FGCN) considera que a saída da cadea de Laureano Oubiña, prevista para este martes, será un día "marcado en negro" no calendario de loita contra a droga.
Fálase
Todas as asociacións de xuíces e fiscais do Estado acordan iniciar accións de protesta e lanzar propostas conxuntas contra os recortes do Goberno central. Fixérono público a través deste comunicado.
Arnaldo Otegi, líder da esquerda abertzale que permanece no cárcere, sinala nunha entrevista no xornal mexicano La Jornada que, se ETA retomase a violencia, cousa que "non vai suceder", amosaría o seu "rexeitamento frontal". Na mesma entrevista considera a independencia de Euskadi como unha "necesidade económica".
Dimite o delegado do Goberno central en Balears ao ser investigado no marco do caso Gürtel. En La Información.
De Guindos concreta que o préstamo á banca española terá un interese de "arredor do 3%", un periodo de graza próximo aos dez anos e un vencemento medio de entre 12,5 anos e 15.
Julio Fernández Gayoso comparecerá o xoves 26 no Congreso para dar explicacións sobre a xestión das caixas. Dous días antes farao Miguel Ángel Fernández Ordoñez. Máis información, nuns minutos en Praza.
Os sindicatos ferroviarios convocan unha folga de 24 horas en Renfe, Adif e Feve para o vindeiro 3 de agosto. Protestarán así contra a liberalización dos ferrocarrís anunciada a semana pasada polo Goberno central.
Traballadores da RTVV ocupan o estudio dos informativos de Canal 9 para protestar contra o ERE anunciado hoxe mesmo na compañía pública valenciá, que suporá o despido do 76% do plantel da empresa (1295 de 1695).
O PP carga en Twitter contra a petición de referendo sobre os recortes formalizada polo BNG e critica que "non pedise o mesmo" sobre o cheque bebé de Zapatero.
CiU dá por rota a súa colaboración con Rajoy e votará en contra do plan de recortes malia concordar con parte do seu contido. Na Cadena SER.