O PP carga en Twitter contra a petición de referendo sobre os recortes formalizada polo BNG e critica que "non pedise o mesmo" sobre o cheque bebé de Zapatero.
Fálase
CiU dá por rota a súa colaboración con Rajoy e votará en contra do plan de recortes malia concordar con parte do seu contido. Na Cadena SER.
O grupo Os da Ría está a piques de lograr o obxectivo de poder gravar o seu "disco díscolo". A 19 horas para o remate da campaña de captación de fondos réstanlles apenas 200 euros. Aínda se pode colaborar na súa páxina de Verkami.
Maria Antonia Munar, ex presidenta do Consell de Mallorca, condenada a 5 anos e medio de cadea
Os mercados responden aos novos recortes de Rajoy cunha suba da prima de risco até os 550 puntos e unha baixada do Ibex do 0,6%.
O 25 de maio de 2013 Santiago acollerá unha nova edición de Imperial Stormtroopers, o desfile dos principais personaxes da saga d'A Guerra das Galaxias. Algúns detalles do novo evento presentáronse no Concello da capital, onde non falataron as tropas imperiais.
Íñigo Sáenz de Ugarte desmonta en Eldiario.es o mito dos supostos 445.000 políticos do Estado que "nunca houbo".
Prohibido levar camisetas do Che Guevara nos Xogos Olímpicos de Londres. O comité organizador veta expresamente os distintivos do revolucionario cubano.
Unha nova manifestación de empregados públicos percorre a estas horas as principais rúas de Madrid. Os convocantes prevén "unhas concentracións moito máis duras" no futuro. Imaxe de @SrtaPolaino
O cliente que gañou o xuízo polas preferentes agarda que NCG "non recorra" porque lle fan "falta os cartos". O presidente da entidade xa advertiu que acatan a sentenza.