Julio Fernández Gayoso comparecerá o xoves 26 no Congreso para dar explicacións sobre a xestión das caixas. Dous días antes farao Miguel Ángel Fernández Ordoñez. Máis información, nuns minutos en Praza.
Fálase
Os sindicatos ferroviarios convocan unha folga de 24 horas en Renfe, Adif e Feve para o vindeiro 3 de agosto. Protestarán así contra a liberalización dos ferrocarrís anunciada a semana pasada polo Goberno central.
Traballadores da RTVV ocupan o estudio dos informativos de Canal 9 para protestar contra o ERE anunciado hoxe mesmo na compañía pública valenciá, que suporá o despido do 76% do plantel da empresa (1295 de 1695).
O PP carga en Twitter contra a petición de referendo sobre os recortes formalizada polo BNG e critica que "non pedise o mesmo" sobre o cheque bebé de Zapatero.
CiU dá por rota a súa colaboración con Rajoy e votará en contra do plan de recortes malia concordar con parte do seu contido. Na Cadena SER.
O grupo Os da Ría está a piques de lograr o obxectivo de poder gravar o seu "disco díscolo". A 19 horas para o remate da campaña de captación de fondos réstanlles apenas 200 euros. Aínda se pode colaborar na súa páxina de Verkami.
Maria Antonia Munar, ex presidenta do Consell de Mallorca, condenada a 5 anos e medio de cadea
Os mercados responden aos novos recortes de Rajoy cunha suba da prima de risco até os 550 puntos e unha baixada do Ibex do 0,6%.
O 25 de maio de 2013 Santiago acollerá unha nova edición de Imperial Stormtroopers, o desfile dos principais personaxes da saga d'A Guerra das Galaxias. Algúns detalles do novo evento presentáronse no Concello da capital, onde non falataron as tropas imperiais.
Íñigo Sáenz de Ugarte desmonta en Eldiario.es o mito dos supostos 445.000 políticos do Estado que "nunca houbo".