A iniciativa Eu non manipulo, creada por persoal da CRTVG para denunciar casos de "manipulación informativa", fai hoxe un ano e agradece os apoios recibidos.
Fálase
- PublicidadePublicidade
O DOG publica este venres o decreto de creación da nova Axencia Galega de Servizos Sociais, que implica a disolución do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar.
- PublicidadePublicidade
Pablo Iglesias gaña con máis do 60% as primarias de Podemos, nas que participaron máis de 33.000 persoas. En El Diario.
- PublicidadePublicidade
A Axencia Tributaria adxudícalle o servizo de atención telefónica a unha empresa condenada por vulnerar os dereitos do seu persoal. Cóntao El Diario
- PublicidadePublicidade
David Reboredo ten xa a liberdade condicional. En 2012 e 2013 unha gran mobilización social reclamou o indulto para este ex toxicómano vigués, completamente rehabilitado.
- PublicidadePublicidade
O alcalde de Santiago, o seu antecesor e dous ex edís declaran hoxe polo presunto acoso laboral a un policía local. Cóntao Faro de Vigo.
- PublicidadePublicidade
A Xunta cancela Xuventude Galicia Net, segundo avanza La Voz. A Consellería de Traballo e Benestar alega razóns orzamentarias para eliminar a party informática que se viña celebrando dende hai case quince anos.
- PublicidadePublicidade
Esperanza Aguirre foxe da policía e bate contra a moto dun axente que intentaba multala. A presidenta do PP do Madrid ocupaba co seu coche o carril bus. Imaxe de @jatgoitibera.
- PublicidadePublicidade
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público pídelle ao conselleiro de Educación que non aplique a Lomce. Remitiulle hoxe unha carta a Jesús Vázquez.
- PublicidadePublicidade
Ocupan o antigo local de Cantigas e Agarimos en Compostela para convertelo nun centro social autoxestionado. "Decidimos reabrir este espazo para o enchelo de vida e de cultura, porque cremos que a cultura non debe permanecer fechada", din os impulsores.
- PublicidadePublicidade