Ferrolterra volverá manifestarse este domingo, a partir das 12, en defensa do seu sector naval e na demanda de carga de traballo para os estaleiros. Mesmo o presidente da SEPI, Ramón Aguirre, recoñeceu esta semana no Congreso que a dramática situación da comarca “salta á vista”
Fálase
Javier Espinosa e Ricard García Vilanova, correspondente e fotógrafo freelance de El Mundo, foron liberados onte pola noite en Siria, onde foran secuestrados o pasado 16 de setembro. Ás 21.20 horas o propio Espinosa chamou ao xornal: "Son Espinosa. Apunta este teléfono e chámame"
Só o 27% dos galegos e galegas teñen decidido o seu voto nas eleccións europeas de maio, segundo unha enquisa que publica La Voz. Entre os que xa saben quen apoiarán o máis votado é o PP (11,3%), seguido de Anova-EU (4,7%), o PSOE (4,3%) e o BNG (1%)
Durante o Real Madrid-Barça do pasado domingo as televisións lanzaron un ataque contra mil páxinas a través dunha empresa para impedir a emisión do partido a través de fiestras gratuítas. Pola web Rojadirecta, que dá acceso a estas páxinas (creada, por certo, polo galego Igor Seoane), pasa o 9% do tráfico español de Internet.
Un gol de Nolito, de penalti, no minuto 87, dálle a vitoria ao Celta 1-0 ante o Sevilla. Á espera do resto de partidos da xornada, os celestes teñen 8 puntos de marxe sobre o descenso
O BNG levou a cabo varios actos reivindicativos este sábado na peaxes de autoestradas en Pontevedra, A Coruña e Ferrol. Os participantes na protesta pagaron as tarifas en céntimos de euros como chamada de atención sobre os elevados prezos da AP9.
Rubalcaba búrlase de Montoro por atacar a "ultraesquerdista" Cáritas. Montoro restoulle importancia a un informe de Cáritas que sinalaba que España é o segundo país da UE con máis pobreza infantil. Tamén Feijoo, este pasado mércores, rexeitou os datos ofrecidos por Cáritas.
Fiare-Banca Popolare Etica celebra este sábado en Barcelona a súa Asemblea, que culminará o proceso de integración das entidades para permitir o comezo das operacións de banca ética en España. FiareGZ enviou unha ampla representación para participar nos debates e votacións.
250 cidades de todo o mundo celebrarán este sábado a Hora do Planeta, apagando a iluminación dalgúns edificios emblemáticos de 20.30 a 21.30, para fomentar unha diminución do consumo. En Galicia, quedarán ás escuras a Torre de Hércules, a Praza de María Pita, a Catedral de Santiago e o Obradoiro, a Muralla de Lugo, a Praza do Rei ou a fonte da Praza de España en Vigo
O Reino Unido celebra os primeiros matrimonios entre persoas do mesmo sexo, despois de que a nova lei entrase en vigor este sábado