Afectados polo Ofimático impiden o inicio do pleno na Coruña con berros e insultos ao alcalde Negreira, segundo informa Radio Coruña. Acompañados de Stop Desafiuzamentos, protestan polos inminentes desaloxos en Elviña.
Fálase
Industria paga 500 millóns de subvención eléctrica a cen empresas por un servizo que non prestan desde hai xa cinco anos.
O Congreso pedirá hoxe o recoñecemento do Estado palestino sen fixar prazos. O PP rexeita que o Estado dea un paso unilateral sen contar coa UE.
O Goberno central apraza o envío das cartas informativas sobre a pensión, na que o Estado informaría sobre o importe aproximado que cobraría a persoa ao xubilarse.
Serafín Otero acepta ser o candidato do BNG en Vigo para "facer o cambio desde as institucións". O secretario comarcal da CIG estará acompañado de "representantes dos movementos sociais e con experiencia".
O TSXG rexeita un informe que acredita un enchufe de Paula Prado. O tribunal négase a ampliar os delitos que indaga e avisa a xuíza De Lara de que non busque máis.
Torres-Dulce querelarase contra o 9-N malia a oposición da fiscalía catalá. O fiscal xeral do Estado dá instrucións para presentar unha querela pola consulta alternativa convocada pola Generalitat.
O Congreso pedirá este martes que o Goberno recoñeza o Estado palestino, mais sen fixarlle prazos. PSOE e PP negocian a incorporación doutros grupos á proposta
A Comunidade de Madrid rexeita a conciliación ofrecida polos avogados de Teresa Romero en relación á demanda onde lle reclama unha indemnización ao responsable de Sanidade por "atentar gravemente" ao seu honor. Polo tanto, as partes irán a xuízo.
A Liga Estudantil Galega realizará este martes en Pontevedra un photocall feminista, dentro da súa campaña #concienciafeminista. De igual xeito, os Comités organizan en Ourense un concurso de fotografía contra a violencia machista