O sur de Galicia volveu vivir unha noite de lumes. Rexistráronse incendios en Tomiño, Gondomar e avivouse o que comezara o luns en Oia, onde a Xunta eleva a superficie queimada ás dúas mil hectáreas.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/521edfc9c4ec1-oleada-fuegos-1.jpg)
O sur de Galicia volveu vivir unha noite de lumes. Rexistráronse incendios en Tomiño, Gondomar e avivouse o que comezara o luns en Oia, onde a Xunta eleva a superficie queimada ás dúas mil hectáreas.
O Reino Unido agardará a coñecer o informe dos inspectores da ONU antes de votar se apoia ou non un ataque contra Siria. Cameron convocara unha sesión extraordinaria da Cámara dos Comúns, pero as dúbidas dunha parte importante dos deputados conservadores forzaron a adiar a decisión.
Carme Chacón deixa o seu escano no Congreso para dar clases en EEUU durante un ano. Fontes próximas a Chacón sinalan que se trata dunha marcha temporal
Wert defende que é mellor dar bolsas a menos alumnos con máis rendemento que “dar axudas a voleo”. O ministro de Educación admite que se reducirá o número de estudantes con bolsa, pero non dá cifras
Uns 200 bombeiros de toda Galicia manifestáronse este mércores en Compostela para pedir a homoxeneización das súas condicións de traballo.
Rafael Hernando, portavoz adxunto do PP no Congreso, equipara a bandeira republicana á bandeira franquista e afirma que “a República levou a un millón de mortos”.
A OTAN culpa o goberno de Bashar al Asad da matanza con armas químicas e afirma que "non pode quedar sen resposta". O secretario xeral da Alianza, Anders Rasmussen, sinala que "información dispoñible dun amplo abano de fontes apunta ao réxime sirio como responsable do uso de armas químicas nestes ataques".
As e os traballadores de Povisa trasladaron as súas protestas á sede da Xunta en Vigo na décima xornada de folga en defensa do convenio colectivo. Berraron consignas e lanzaron ovos reclamando a intervención da delegada autonómica no conflito laboral.
O Reino Unido presentará este mércores no Consello de Seguridade da ONU unha resolución para que condene o ataque con armas químicas "por parte de El Asad" e autorice "as medidas necesarias" para protexer "os civís sirios". A resolución será vetada por Rusia e pode que por China.
Emilio Pérez Touriño publica un artigo en El País no que amosa a súa preocupación pola situación dos partidos socialdemócratas, "dominados por burocratizados aparatos de profesionais da política que permanecen afastados das novas demandas e cambios sociais". O ex presidente da Xunta chama á socialdemocracia a un meirande compromiso coa unión política de Europa.