Esperanza Aguirre adiántase ao Goberno e anuncia que porá peaxes nalgunha estrada madrileña ao non poder pagar o seu mantemento. A presidenta da Comunidade de Madrid anunciouno nunha entrevista ao ABC.
Fálase
Cataluña propón ampliar o copago sanitario para as rendas máis altas. A Generalitat quere cobrar cinco euros por día de hospitalización e que paguen o 100% das receitas os traballadores con rendas superiores aos 100.000 euros.
No Día da Liberdade de Prensa o diario La Información repasa vinte filmes dedicados ao xornalismo
A confianza do consumidor baixa 13,4 puntos en abril, até os 50,3, un dos peores datos desde 2004, segundo o Índice de Confianza do Consumidor publicado polo CIS.
O grito de Munch foi vendido onte en Sotheby's por 91 millóns de euros, converténdose no prezo máis alto pagado por un cadro nunha poxa. Os expertos falan xa dunha burbulla no mercado da arte
O PP de Catalunya incorpora a senyera e a palabra catalá ao seu logo, que estreará no seu congreso, que celebrará esta fin de semana en Barcelona.
El Periódico dedica a súa portada ao Salón do Cómic de Barcelona.
O debate televisado entre Hollande e Sarkozy afianza as opcións do candidato socialista para ser o novo presidente francés. A portada de Libération é rotunda: Hollande preside o debate
O Decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro, escribe en El País Galicia ¿Cuando se jodió el periodismo?, no Día Mundial da Liberdade de Prensa
Sarkozy e Hollande celebran nestes momentos o agardado debate televisado, moi centrado na economía, e crispado por momentos, no que Sarkozy volveu nomear a España en dúas ocasións como exemplo de mala xestión socialista, mentres que Hollande botou man de Alemaña e apostou por un cambio na política europea.