O Museo do Pobo Galego agradece a concesión do Pedrón de Ouro 2014
Fálase
Varios buzóns de Correos apareceron esta mañá en Galicia pintados coas cores da bandeira da II República. Na imaxe, un en Compostela (foto: @DReinero)
A Xunta informa dun incendio no Concello da Capela, nomeadamente na parroquia da Capela, á que corresponden parte das Fragas do Eume. As Fragas xa sufriron os efectos do lume hai dous anos.
O Concello de Sarria retira unha pancarta colocada pola plataforma veciñal contra as obras no río dun lugar no que, denuncian, permiten "cartelaría doutros eventos".
Suso de Toro cre que "Cataluña xa e unha nación autodeterminada". O escritor galego reflexiona sobre o proceso soberanista e compárao coa situación galega nunha entrevista en VilaWeb. "Galicia non ten clase dirixente", di.
A Asemblea Republicana de Vigo chama a manifestarse este luns, a partir das 20 horas, a prol da República. A publicidade desta convocatoria foi vetada pola empresa de autobuses Vitrasa
El blog salmón salienta a forte caída do comercio mundial nos últimos meses, a través do índice Baltic Dry, que mide a demanda de transporte marítimo, e advirte do risco dunha nova recesión global
Martiño Noriega, David Rodríguez e Daniel Salgado reflexionan en Sin Permiso sobre "a crise do proxecto europeo". Conclúen que "o debate non está entre Europa si ou Europa non. O debate está en que esta Europa non e outra Europa debe ser posible".
Expira o ultimátum de Kíev aos prorrusos que ocupan distintos edificios oficiais no leste do país para que depoñan as armas. Rusia fala dunha posible guerra civil e advirte de que "nunhas horas as cosas poden dar un xiro negativo irreversible"
O investimento público en España cae até o 1,5% do PIB, o nivel máis baixo dende 1964, e moi lonxe do 4% de 2009.