O PP insiste en pedir a dimisión de Beiras. "Seguimos pedíndoa agora que agrava a súa escalada de insultos", di o partido na súa conta de Twitter.
Fálase
A folga en Darty comeza cun seguimento do 73% en Galicia. Os traballadores insisten en que hai empresas interesadas na rede galega da compañía.
Denuncian "insultos e vexacións" por parte de axentes da Policía Nacional "por falar catalán nun tren"
A Liga Estudantil Galega organiza esta tarde ás 19:00 en Compostela unha sesión informativa sobre a problemática ambiental da mina de Corcoesto
O voceiro do PP no Parlamento, Pedro Puy, proclama que "o capitalismo continúa a mellorar as condicións de vida a poboación mundial en xeral"
- As ILP contra a incineración de lixo e a 'Paz Andrade' a prol do achegamento á lusofonía debateranse no pleno parlamentario do 14 de maio
Alfredo Sáenz dimite como conselleiro delegado do Santander. Fora condenado por denuncia falsa e indultado polo Goberno de Zapatero.
As vendas do comercio minorista descenden un 13% en marzo en Galicia. É a terceira maior caída no conxunto do Estado.
A Asociación Cultural e de Formación da Asemblea de Estudantes de CC. Políticas organiza este luns e martes unhas Xornadas sobre asemblearismo, coa intervención de Xosé Manuel Beiras e Xoán Bascuas
Representantes da CUT están ocupando nestes momentos a sede da Confederación de Empresarios de Galicia en Compostela. Durante esta ocupación ofrecerán unha rolda de prensa para presentar a manifestación do 1º de maio convocada por CUT, CNT e as Asembleas Abertas de Estudantes. (foto: @rb_roi)