Un deputado do PP comprométese a "facerlle chegar a quen corresponde" unha queixa da asociación Galicia Bilingüe sobre o suposto veto na TVG ás declaracións en castelán. Para isto, Javier Dorado pide o "nome da xornalista" á que sinala este grupo.
Fálase
- Pontevedra acolleu o TEDxGalicia, que encheu o Centro Social Fundación Novacaixagalicia. Roberto Pérez Marijuán, Miguel Conde, Sandra Prieto, Víctor Salgado, José Manuel Dopazo, Carlos Graña ou Jorge del Oro realizaron algunhas das presentacións.   
- Sin Permiso publica o texto da conferencia inaugural do simposio España contra Catalunya, a cargo do historiador Josep Fontana, que conclúe que "o pacto de 1978-1979, desvirtuado unha e outra vez, caducou" 
- A veterinaria ferrolá Rebeca Atienza, protagonista da moi comentada liberación da chimpancé Wounda no Instituto Jane Goodall do Congo. Cóntao GCiencia. 
- Carmen Iglesias Sueiro vén de tomar posesión como deputada do Parlamento ao inicio do pleno de Orzamentos. Ten ata cinco días para solicitar a súa incorporación ao grupo da AGE e xa anunciou que o fará. Toda a información, hoxe en Praza.   
- El Diario explica como controlará de agora en diante o Goberno de España que xornalistas lle formulan preguntas a Rajoy nas súas comparecencias conxuntas con líderes internacionais.   
- Michelle Bachelet retorna á Presidencia de Chile tras gañar a segunda volta das eleccións con máis do 62% dos votos. A nova, na televisión pública chilena   
- Unhas 7.000 persoas posúen unha riqueza equivalente á metade do PIB de Galicia. Cóntao Faro de Vigo. 
- La Voz sitúa a La Caixa, Santander e BBVA como entidades "favoritas" de Luis de Guindos para adquirir Novagalicia Banco. 
- Mala xornada para os equipos galegos de 2ªB. Só unha vitoria (a do Celta B en Noja 1-2) e empates de Ourense (0-0 ante o Rácing de Santander) e do Rácing de Ferrol (0-0 ante o Burgos). Derrotas de Coruxo (1-3 ante a Cultural Leonesa) e do Compostela (4-3 ante o Tropezón)