Unhas 7.000 persoas posúen unha riqueza equivalente á metade do PIB de Galicia. Cóntao Faro de Vigo.
Fálase
La Voz sitúa a La Caixa, Santander e BBVA como entidades "favoritas" de Luis de Guindos para adquirir Novagalicia Banco.
Mala xornada para os equipos galegos de 2ªB. Só unha vitoria (a do Celta B en Noja 1-2) e empates de Ourense (0-0 ante o Rácing de Santander) e do Rácing de Ferrol (0-0 ante o Burgos). Derrotas de Coruxo (1-3 ante a Cultural Leonesa) e do Compostela (4-3 ante o Tropezón)
Remata a xornada na Tereceira galega.
Dorneda 4-0 Barbadás
Choco 4-1 Deportivo B
Racing Vilalbés 1-3 Rápido de Bouzas
Grixoa 0-2 Alondras
Bertamiráns 2-1 Laracha
Boiro 4-0 Negreira
Cultural Areas 6-1 Betanzos
Cerceda 1-0 Ordes
Somozas 2-1 Pontevedra
Arousa 2-1 As PontesEste luns debateranse no Parlamento europeo as emendas ao polémico informe sobre as rías galegas. O BNG presentou un total de 40 alegacións a un texto "descafeinado e manipulado", un "documento totalmente parcial, nada ecuánime e que reduce a responsabilidade das autoridades competentes", en palabras de Ana Miranda
Centos de persoas, convocadas pola ODS-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social, formaron unha cadea humana en Vigo baixo o lema “Os cartos de todas para todas!”, para esixir "uns orzamentos xustos" para a cidade e para Galicia
O SPD asumirá as carteiras de Economía, Exteriores, Traballo, Medio Ambiente, Xustiza e Familia no novo Goberno alemán. O presidente dos socialdemócratas, Sigmar Gabriel, será o titular de Economía
En baloncesto, o Río Natura Monbús non puido facer nada (83-59) ante un imparable Real Madrid.
O Dépor cae 2-1 ante o Eibar en Ipurúa. A pesar diso, o empate do Recreativo mantén os coruñeses na primeira posición da Liga Adelante. Na 2ªB, empate do Ourense na casa ante o Rácing de Santander (0-0) e vitoria (1-2) do Celta B en Noja.
Este mapa de xeolocalización recolle os lugares dende os que se editan entradas de Wikipedia en cada unha das linguas do Estado.