En baloncesto, o Río Natura Monbús non puido facer nada (83-59) ante un imparable Real Madrid.
Fálase
O Dépor cae 2-1 ante o Eibar en Ipurúa. A pesar diso, o empate do Recreativo mantén os coruñeses na primeira posición da Liga Adelante. Na 2ªB, empate do Ourense na casa ante o Rácing de Santander (0-0) e vitoria (1-2) do Celta B en Noja.
Este mapa de xeolocalización recolle os lugares dende os que se editan entradas de Wikipedia en cada unha das linguas do Estado.
O 74% dos cataláns reclámanlle a Rajoy que autorice a consulta, segundo publica El Periódico na terceira entrega da súa sondaxe. El Mundo e La Razón publican este domingo senllas enquisas que amosan unha grande igualdade entre o si e o non nun referendo. El Mundo afirma que o 43% dos cataláns votarían si na primeira pregunta (39% en contra), e o 35% si á independencia. As cifras que dá La Razón son máis elevadas (48,2% e 38,8%)
Chile celebra este domingo a segunda volta das eleccións presidenciais. Michelle Bachelet, que acadou o 46% dos votos na primeira volta, é a gran favorita para gañar fronte a Evelyn Matthei.
Centos de persoas, con chuvasqueiros amarelos, reivindicaron esta tarde na Praza do Obradoiro de Compostela o actual itinerario do Camiño Norte. Os peregrinos formaron unha frecha amarela sobre a praza. A Deputación de Lugo presentou alegacións sobre a modificación do trazado proxectada pola Xunta.
O Lugo cae 2-1 ante o Alavés en Mendizorroza. Sandaza marcou no minuto 82 o gol do empate dos lucenses, pero os locais anotaron de novo no 93. O Lugo mantense en postos de promoción de ascenso.
O Sergas prevé xubilar máis de 3.000 médicos, enfermeiros e administrativos até 2017, un de cada dez dos actuais traballadores e traballadoras. No último ano o Goberno impuxo a prohibición de que se cubrisen máis do 10% das baixas.
O 75% dos militantes do SPD apoia gobernar con Merkel, segundo os resultados dunha sondaxe postal levada a cabo polos socialdemócratas.
Os praceiros de Pontedeume abandonaron o seu peche, despois de 42 días de mobilización. O xuíz desestimou as súas alegacións á apertura do mercado.