Este luns debateranse no Parlamento europeo as emendas ao polémico informe sobre as rías galegas. O BNG presentou un total de 40 alegacións a un texto "descafeinado e manipulado", un "documento totalmente parcial, nada ecuánime e que reduce a responsabilidade das autoridades competentes", en palabras de Ana Miranda
Fálase
Centos de persoas, convocadas pola ODS-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social, formaron unha cadea humana en Vigo baixo o lema “Os cartos de todas para todas!”, para esixir "uns orzamentos xustos" para a cidade e para Galicia
O SPD asumirá as carteiras de Economía, Exteriores, Traballo, Medio Ambiente, Xustiza e Familia no novo Goberno alemán. O presidente dos socialdemócratas, Sigmar Gabriel, será o titular de Economía
En baloncesto, o Río Natura Monbús non puido facer nada (83-59) ante un imparable Real Madrid.
O Dépor cae 2-1 ante o Eibar en Ipurúa. A pesar diso, o empate do Recreativo mantén os coruñeses na primeira posición da Liga Adelante. Na 2ªB, empate do Ourense na casa ante o Rácing de Santander (0-0) e vitoria (1-2) do Celta B en Noja.
Este mapa de xeolocalización recolle os lugares dende os que se editan entradas de Wikipedia en cada unha das linguas do Estado.
O 74% dos cataláns reclámanlle a Rajoy que autorice a consulta, segundo publica El Periódico na terceira entrega da súa sondaxe. El Mundo e La Razón publican este domingo senllas enquisas que amosan unha grande igualdade entre o si e o non nun referendo. El Mundo afirma que o 43% dos cataláns votarían si na primeira pregunta (39% en contra), e o 35% si á independencia. As cifras que dá La Razón son máis elevadas (48,2% e 38,8%)
Chile celebra este domingo a segunda volta das eleccións presidenciais. Michelle Bachelet, que acadou o 46% dos votos na primeira volta, é a gran favorita para gañar fronte a Evelyn Matthei.
Centos de persoas, con chuvasqueiros amarelos, reivindicaron esta tarde na Praza do Obradoiro de Compostela o actual itinerario do Camiño Norte. Os peregrinos formaron unha frecha amarela sobre a praza. A Deputación de Lugo presentou alegacións sobre a modificación do trazado proxectada pola Xunta.
O Lugo cae 2-1 ante o Alavés en Mendizorroza. Sandaza marcou no minuto 82 o gol do empate dos lucenses, pero os locais anotaron de novo no 93. O Lugo mantense en postos de promoción de ascenso.