Revelan que a cadea Starbucks non pagou impostos durante dez anos en Grecia. Nese período gañou máis de 200 millóns de euros no país.
Fálase
España foi o estado da UE con máis déficit en 2012: 10,6%. A débeda pública disparouse ata o 84,2% do PIB, segundo datos do Eurostat.
O avogado de pequenos accionistas de Pescanova cre que Sousa "pode acabar no cárcere". Acúsao de "mentir" e censura "a loita de poder" dos conselleiros na compañía.
O PP participa dende hoxe nun foro no que asinará un memorando de entendemento co Partido Comunista Chinés. Cóntao Público.es
ICV decántase polo 'si' no referendum catalán e propón unha fronte de esquerdas para volver ao goberno da Generalitat durante a asemblea celebrada esta fin de semana.
De Guindos calcula unha caída do PIB tres veces maior á prevista polo Goberno. Asegúrao nunha entrevista para o Wall Street Journal.
Juventud Sin Futuro organiza este luns un acto público en Compostela sobre a crise económica, as alternativas para a mocidade, a marcha de xente nova ao extranxeiro e a situación do ensino público. Comezará ás 19.30 na Facultade de Historia da USC e participarán Víctor Valdés e Eduardo Fernández, militantes de Izquierda Anticapitalista e activistas de Juventud sin Futuro.
SinPermiso analiza "a catástrofe do centroesquerda italiano"
Membros de A Ría non se Vende, de Equo e da Asociación de Afectados de Liñeiriño irromperon na asamblea dos comuneiros de Cabral que tiña que decidir sobre a expropiación de terreos para o macroproxecto Porto Cabral. A sesión foi suspendida.
Santander, Caixabank e Kutxa presionaron PSOE, CiU e PNV para que apoiaran a lei antidesafiuzamentos do PP.