Unha explosión no metro de San Petersburgo mata unha decena de persoas e deixa un número aínda indeterminado de feridas
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/58e2535b44cba-vagon-san-petersburgo-foto-cnnrussian_ediima20170403_0430_19.jpg)
Unha explosión no metro de San Petersburgo mata unha decena de persoas e deixa un número aínda indeterminado de feridas
Arquivada a "dilixencia informativa" do Consello Xeral do Poder Xudicial á xuíza Pilar de Lara. A denuncia presentáraa un avogado cuxo despaxo fora rexistrado por orde da maxistrada e a ela sumáranse o Colexio de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega. Segundo informa o TSXG, "non se constatan elementos para derivar responsabilidade disciplinaria ningunha" da xuíza.
O patrimonio dos millonarios galegos nas Sicav cae pero aínda suma 945 millóns. Tan só as sociedades de Castellano, Abanca e Fernández Somoza melloran.
Os produtores poderán evitar que se identifique a orixe galega do leite no etiquetado. O novo decreto que prepara o Goberno central non obriga a sinalala.
Lenín Moreno gaña as eleccións no Ecuador pero o seu rival impugnará os resultados. O candidato da formación de Correa obtén o 51% dos sufraxios.
A patronal CEIM confirma o financiamento irregular do PP de Madrid. A organización empresarial madrileña achegará os documentos que o certifican á Audiencia Nacional.
Un incendio forestal queima unhas 125 hectáreas de monte raso en Manzaneda, na parroquia de Placín. Medio Rural vén de dalo por controlado (Imaxe: Brif Laza)
Leiceaga: "A fortaleza aparente de Feijóo débese á febleza da oposición". O voceiro parlamentario do PSdeG advirte de que "en terreo enlamado" o presidente da Xunta "sempre gaña" e considera que non deben introducirse cambios na xestora galega do partido, cuxo mandato xa caducou, ata a elección dunha nova dirección. "Non vexo moitas alternativas mellores", sinalou nunha entrevista coa Cadena SER.
Ana Pontón coida que o BNG pode estar "en disposición de ser maioritario en catro anos" e "disputar a Xunta ao PP". Afirmouno nunha entrevista en RNE
O Obradoiro logra ante o Joventut unha transcendental vitoria na loita pola permanencia na ACB (82-83). Na LEB Ouro o derbi do sábado entre Marín e Breogán foi para o equipo lucense (77-99), que segue a aspirar ao ascenso directo, o Ourense impúxose ao Burgos (62-58) e o Básquet Coruña caeu ante o Oviedo (75-88). (Imaxe: Joventut)