O contrato pechado por MetalShips para a construción dun buque offshore de 100 millóns de euros supón carga de traballo para unhas 700 persoas da industria naval da Ría de Vigo e as súas auxiliares, segundo CC.OO.
Fálase
O Ministerio de Interior concédelle o terceiro grao penitenciario a Iosu Uribetxeberria. A decisión chega despois de que o parte médico da prisión informase de que Uribetxeberria ten un 90% de posibilidade de falecer no vindeiro ano, por mor do cancro que sofre. Agora a Audiencia Nacional deberá concluír o expediente da liberdade condicional
Google permite xa facer procuras por voz en galego, catalán e euskera nos dispositivos que empreguen Android. As tres linguas incorpóranse a unha listaxe de 42 idiomas que se poden utilizar.
As Pussy Riot, declaradas culpables dun delicto de "odio relixioso" e condenadas a dous anos de prisión. No exterior do xulgado grupos de esquerda organizaron unha protesta que foi disolta pola policía, que detivo varias persoas, entre elas o líder da Fronte de Esquerdas, Sergey Udaltsov, e o axedrecista Gary Kasparov.
Afectados polas preferentes concentráronse este venres en varias cidades e vilas galegas (Santiago, A Coruña, Pontevedra, Vigo, O Grove, Sanxenxo, Cangas e A Guarda) para rexeitar a perda do 70% do valor do seu investimento prevista pola Comisión Europea. As protestas foron un anticipo da manifestación convocada para este sábado en Sanxenxo e na que os organizadores prevén reunir cinco mil persoas
O grupo feminista ucraíno FEMEN tala unha cruz de madeira en Kiev como protesta contra o proceso que se segue en Moscova contra as Pussy Riot, que hoxe coñecerán a súa sentencia.
O Financial Times publica este venres unha ampla reportaxe sobre o ataque que o Goberno central prepara contra o Estado Autonómico, poñendo como excusa a crise económica e o déficit público. O texto salienta a "irresponsabilidade" dalgúns gobernos autonómicos pero tamén a "imposibilidade" de que un recorte da autonomía sexa aceptado por Catalunya e Euskadi.
Publícase no BOE a lista de 417 medicamentos que o Ministerio de Sanidade deixará de financiar en setembro. A lista redúcese un chisco dende a de 456 fármacos que se anunciara en xuño.
Vilamor gaña os premios á mellor fotografía (Alberto Díaz "Bertitxi") e mellor banda sonora (Zeltia Montes) no New York City Internacional Film Festival
A pesar de que a taxa de desemprego en Portugal está en máximos históricos, aumentan as xornadas laborais superiores a 41 horas. Un de cada cinco empregados portugueses xa traballan máis das 40 horas, que son o límite legal