Pachi Vázquez comeza o seu discurso cun ton máis conciliador que Jorquera e Beiras pero deseguida acusa a Feijoo de ocultar a realidade pola súa optimista visión do momento que vive Galicia. O debate pódese seguir aqui. #investidura

Pachi Vázquez comeza o seu discurso cun ton máis conciliador que Jorquera e Beiras pero deseguida acusa a Feijoo de ocultar a realidade pola súa optimista visión do momento que vive Galicia. O debate pódese seguir aqui. #investidura
Beiras finaliza a súa intervención advertindolle a Feijoo que loitarán contra el dentro da cámara "para evitar que a convirta nunha cámara de gas" e fóra dela para axudar á construción dunha "rebelión civica" #investidura
Beiras dille a Feijoo, a quen se refire como "señor Núñez", que "ainda se gaba vostede de Galicia paga" e engade "a quen paga? Aos parados?" #investidura
Beiras critica a lei de caixas impulsada polo PP "que agora xa non ten caixas sobre as que aplicarse". E denuncia a "falsa" ladaiña de que "non hai cartos": "hai máis cartos que nunca pero están en mans dos delicuentes potentados" #investidura
Beiras alerta de que Galicia está a vivir un "expolio" en todos os ambitos con múltiples "veas abertas": dende os recursos naturais até o patrimonio cultural ou a produción económica e investigadora. Dille a Feijoo que "os decapitadores de Cuíña o enviaron a vostede" #investidura
Beiras cita a Bonaventura de Souza para definir o neoliberalismo e as politicas do PP co "fascismo social" e denuncia que vivimos “o franquismo sen Franco” #investidura
Xosé Manuel Beiras comeza o seu discurso felicitando a Jorquera pola súa intervención e lendo un fragmento de A xustiza pola man de Rosalia de Castro, da que di que se hoxe publicase ese texto sería "imputada por apoloxía do terrorismo". O debate pódese seguir aqui #investidura
Jorquera define Galicia como "unha colonia interior" e pidelle a Feijoo que non inclúa Jesús Vázquez e Beatriz Mato no seu novo goberno #investidura
Jorquera demanda a transformación de NGB nun banco público galego e pide a derrogación do Decreto do Plurilingüismo #investidura
Os sindicatos de Iberia convocan seis días de folga en decembro. Os paros, que non inclúen os pilotos, serán o 14, 17, 18, 19, 20 e 21 do vindeiro mes.