Yorokobu analiza "La España chunga en trece mapas", un repaso a través da cartografía dos indicadores de contaminación, lumes forestais, violencia de xénero ou sequía
Fálase
O PP paraliza a lei de desafiuzamentos á espera dun ditame de Europa. Paralízase a tramitación da ILP presentada pola Plataforma de Afectados, que reinicia a presión sobre os deputados.
O Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lugo vén de rexeitar a petición da Fiscalía de imputar na Operación Muralla a Francisco Cacharro Pardo, ex presidente da Deputación luguesa polo PP.
Hugo Chávez, en estado "moi delicado" debido a unha nova infección severa. O presidente venezolano empeora da función respiratoria, segundo anuncia o Goberno.
Os sectores que si crean emprego en España. As actividades xurídicas, os servizos personais e as telecomunicacións son as tres principais actividades que aínda dan traballo no Estado, segundo conta Expansión.
Stop Desafiuzamentos Lugo apoia a campaña de escrache contra os deputados lucenses que non apoien a ILP da dación en pagamento. Stop Desafiuzamentos Lugo sinalarán publicamente estas persoas, acusadas de "provocar un drama social no noso país".
Os administradores elevan a débeda do Dépor aos 156 millóns. O "informe provisional" elaborado polos responsables concursais foilles enviado aos 154 acreedores, que teñen un prazo de dez días para presentar alegacións
A triloxía Dragal, publicada por Elena Gallego en Xerais, terá a súa versión cinematográfica despois de que os seus dereitos fosen adquiridos por unha produtora galega.
Pescanova modificou en febreiro o rexistro da súa marca para compartilo cun xigante de EE UU. O novo cotitular é Yoshida's Inc., empresa adquirida por Heinz no ano 2000
Conde Roa, en liberdade con cargos tras unhas nove horas de interrogatorio. Está imputado por presuntos delitos de prevaricación, tráfico de influencias e suborno.