De Cospedal chama a "recuperar a unidade do centro dereita español" fronte á "casta populista" tras manter a secretaría xeral do PP, aínda que con menos poder
Fálase
Caballero aposta por que Carmela Silva sexa quen "leve a bo porto" o PSdeG, do que cre "un drama" que careza de dirección. Afirmouno nunha entrevista na Cadena SER
O futuro de Íñigo Errejón, principal incógnita tras o triunfo do equipo e documentos de Pablo Iglesias na asemblea de Podemos. Cóntao eldiario.es
Investigan a morte violenta de tres membros da mesma familia na Estrada. Unha muller apareceu aforcada e a súa nai e o marido, mortos por ferida de bala.
O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu unha homenaxe ao sociólogo Fermín Bouza, finado o pasado mes de outubro. O acto acto, titulado "Somos ferministas" e organizado pola Revista Luzes, foi presentado por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro e nel interviron Antón Baamonde, Antón Losada, Xosé Manuel Beiras, Amada Traba, Ana Cuña, Antón Patiño, Carmen Pena ou Dores Tebrás.
Detido na Coruña un home de 78 anos despois de apuñalar a súa esposa cun coitelo de cociña. Ela foi trasladada ao hospital e está fóra de perigo
Pablo Iglesias imponse a Íñigo Errejón e acada o 60% da dirección de Podemos. A proposta de Iglesias obtén máis do 50% dos votos no debate de documentos, polo 33% de Errejón e o 10% dos anticapitalistas. No Consello Cidadán, a lista do secretario xeral suma 37 dos 62 postos, 23 e 2 das outras dúas candidaturas. Os galegos José García Buitrón e Ángela Rodríguez formarán parte deste órgano. Os resultados completos pódense consultar nesta ligazón
Rajoy sae reelixido como presidente do PP co 95,65% dos votos, mantén a Mª Dolores de Cospedal como secretaria xeral, pero ascende a Fernando Martínez-Maillo ao cargo de coordinador xeral do partido. Miguel Tellado entra no Comité Executivo do PP, sumándose a Núñez Feijoo, Javier Dorado, Pilar Rojo, Ana Pastor, José Manuel Barreiro e Francisco Millán Mon.
Máis de 150.000 persoas votaron xa no proceso decisorio da Asemblea de Vistalegre, superando as 149.513 que participaron na consulta sobre o apoio ao pacto de goberno de PSOE e Ciudadanos, converténdose así no novo récord de participación en Podemos
Fausta Cardoso Pereira, coa obra Dormir com Lisboa, gañadora do II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, convocado pola Fundación Vicente Risco, Urco Editora ou Auga Editora, entre outras entidades. As obras O neno que soñaba coa lúa e Penumbra foron declaradas finalistas e poderían tamén ser publicadas.