Xosé Manuel Beiras intervén arestora no acto político de Anova polo Día da Patria. A información, hoxe en Praza.

Xosé Manuel Beiras intervén arestora no acto político de Anova polo Día da Patria. A información, hoxe en Praza.
En marcha a manifestación do BNG polo Día da Patria, encabezada por primeira vez por Ana Pontón como portavoz nacional. A información, hoxe en Praza.
O BNG comezou os actos do Día da Patria coa homenaxe a Rosalía e Castelao organizada por Galiza Nova. Ana Pontón subliñou a poeta como a "primeira feminista" galega e o político e artista como figura central para o soberanismo.
A Universidade de Vigo presentará este martes a nova Cátedra Internacional José Saramago, nun acto no que intervirán representantes do Instituto Camões, da Fundação Engenheiro António de Almeida e Fundação José Saramago
Tráfico denso e atascos en varios lugares de Galicia, nomeadamente nos accesos ás zonas de praia. Por exemplo, este mediodía nas proximidades da Ponte de Rande.
Un atentado suicida deixa cando menos 21 persoas mortas en Bagdad nun barrio de maioría xií.
Ás 11 horas a asociación de vítimas e familiares de vítimas do accidente do Alvia levará a cabo unha concentración na Praza do Obradoiro para "esixir verdade e xustiza" no terceiro aniversario do sinistro. Ás 20.41 (hora á que descarrilou o tren) lembrarán en Angrois os falecidos e feridos. Na estación da Coruña gardarase un minuto de silencio ás 21.10, hora á que debería ter chegado o tren á cidade herculina. Toda a información, hoxe en Praza.
A Universidade da Coruña obtén financiamento para 27 proxectos de investigación con cargo ás convocatorias estatais de 2015 para a excelencia e os "retos da sociedade". En total, captaranse 1,7 millóns de euros
El Periódico dedica este domingo un especial aos varios casos de corrupción aínda abertos en Cataluña: Pujol, 3%, Mercuri, Palau ou Pretoria
O Celta caeu ante o Nacional en Montevideo (2-0) cun equipo inzado de suplentes. Esta noite o Deportivo enfróntase a Peñarol.