#CMin O Goberno central inicia a modificación do Código Penal para poder inhabilitar os xestores que "falseen" as contas públicas. Introduce tamén medidas "contra a fraude fiscal e laboral".
Fálase
O grupo de ex traballadores cooperativistas de Público edita de modo autoxestionado 16.000 exemplares de Más Publico, un xornal de 32 páxinas dedicadao ao 15M que se repartirá este sábado de balde en Madrid, Sevilla, Barcelona e Valencia
O Valedor do Pobo difunde a través de Twitter unha entrevista a Benigno López nunha revista especializada na que aposta polo "dinamismo" na aplicación da Lei de Dependencia. Faino mentres continúa a controversia polas súas declaracións nas que suxería a necesidade de "suspender" a aplicación da norma.
Máis efectos colaterais da nacionalización de Bankia: o Estado é de novo accionista principal de Iberia. En Ara.
El País adianta que finalmente o escano 45 do parlamento asturiano é para o PSOE. O Goberno do Principado queda, en todo caso, nas mans do único deputado de UPyD.
O BNG presentou esta mañá a súa nova web. Os nacionalistas estréana cunha entrevista a Francisco Jorquera, cuxa candidatura á Xunta será lanzada este domingo nunha convención nacional.
A Comisión Europea bosquexa un panorama aínda máis negro para a economía española, cun paro do 25% e máis do 6% de déficit en 2013. Na Cadena SER.
Grandes clubs de fútbol, como Real Madrid e Valencia, fináncianse a través de Bankia. La Información analiza os efectos que terá neles a nacionalización da entidade.
España é un dos países desenvolvidos co menor nivel de cercanía coa ciencia e de coñecemento científico, por detrás de Italia ou Chequia e a moita distancia de Polonia ou Austria
Os expertos inciden no papel dos libros infantís para previr comportamentos homófobos e distriminatorios na apertura das II Xornadas Internacionais de Crítica e Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil, que se están a celebrar en Vigo. Constatan unha crecente presenza dos novos modelos de familia nas publicacións para menores