As construtoras que segundo os documentos de Bárcenas achegaron cartos ao PP -Sacyr, FCC e OHL- tiñan cando menos 6.600 millóns de euros en obra pública nos anos das doazóns
As construtoras que segundo os documentos de Bárcenas achegaron cartos ao PP -Sacyr, FCC e OHL- tiñan cando menos 6.600 millóns de euros en obra pública nos anos das doazóns
Ignacio Escolar analiza criticamente o Tribunal de Contas nun artigo en El Periódico de Catalunya: "o nome engana: este tribunal non é ningún xulgado, non depende do Poder Xudicial. O órgano que vixila o financiamento dos partidos está dirixido... polos partidos".
A marmota Punxsutawney Phil prediciu este sábado unha primavera temperá nesta curiosa tradición que ten como escenario unha vila de Pennsylvania. O Groundhog Day ou Dia da Marmota determinou que as baixas temperaturas non durarán moito este ano
As Meninas de Canido celebraranse os días 7 e 8 de setembro. As paredes deste popular barrio ferrolán volverán encherse de recreacións do cadro de Velázquez
A Asemblea Nacional francesa aprobou este sábado o primeiro dos artigos do proxecto de lei para legalizar o matrimonio homosexual por 249 votos a favor e 97 en contra. Este artigo é o que fixa que o matrimonio se refire a persoas de diferente ou do mesmo sexo.
A supresión das primas ás renovables provocou unhas perdas no sector eólico en Galicia de 45 millóns de euros. As empresas dan "por morto" o concurso e reclámanlle á Xunta un novo proxecto sectorial
El Periódico publica outra sondaxe, desta vez con asignación de escanos, que deixaría o PP a 40 escanos da maioría absoluta. O PP tería 133-135 deputados, por 120-123 do PSOE. UPyD e IU roldarían os 25 cada un.
El Pais publica unha sondaxe de intención de voto que amosaría o desgaste producido no PP polo Caso Bárcenas. Os populares serían o partido máis votado, pero só co 23,9% dos votos, apenas unhas décimas por riba do PSOE: 23,5%. Entre os dous grandes partidos sumarían un 47%, mentres que IU estaría no 15,3% e UPyD no 13,6%.
As redes socíaís énchense de bromas ao redor da rolda de prensa sen preguntas e sen xornalístas ofrecída este venres por Maríano Rajoy. E especulan sobre a posta en escena da rolda que o luns ofrecerán conxuntamente Rajoy e Merkel en Berlín
Derrotas de Celta e Deportivo que complican ainda máis a súa situación, sobre todo no caso dos herculinos. O Celta caeu 1-0 ante o Osasuna e o Dépor perdeu 3-1 ante o Getafe.