As redes socíaís énchense de bromas ao redor da rolda de prensa sen preguntas e sen xornalístas ofrecída este venres por Maríano Rajoy. E especulan sobre a posta en escena da rolda que o luns ofrecerán conxuntamente Rajoy e Merkel en Berlín
As redes socíaís énchense de bromas ao redor da rolda de prensa sen preguntas e sen xornalístas ofrecída este venres por Maríano Rajoy. E especulan sobre a posta en escena da rolda que o luns ofrecerán conxuntamente Rajoy e Merkel en Berlín
Derrotas de Celta e Deportivo que complican ainda máis a súa situación, sobre todo no caso dos herculinos. O Celta caeu 1-0 ante o Osasuna e o Dépor perdeu 3-1 ante o Getafe.
O Goberno de Islandia expulsou do país o FBI por investigar o caso Wikileaks e despois envioulles unha queixa formal aos Estados Unidos
A asociacións española e catalá de comunicación científica envíanlle unha carta ao defensor do lector de La Vanguardia denunciando a publicación de contidos pseudocientíficos
Os xornalistas convocados en Génova viron a Rajoy por unha pantalla. Eldiario.es decidiu non acudir á rolda de prensa do PP. Os periodistas que estaban na sala, na que tamén había medios internacionais, barallaron a posibilidade de poñer un esparadrapo na boca como protesta.
Cayo Lara propón levar unha resolución de reprobación ao Goberno ao debate sobre o estado da nación, que se celebrará o 20 e 21 de febreiro. Lara foi ratificado coordinador federal polo novo Consello Político de IU
Rajoy négao todo: "O PP non ten nin tivo contas nun país extranxeiro. Non temos nada que ver coa conta de Bárcenas". O presidente do Goberno e do PP descarta a súa dimisión nun discurso ante a plana maior do seu partido, e engade que publicará as súas declaracións da renda e de patrimonio
A dirección de TVE impide a emisión dun documental sobre o Prestige. Estaba previsto que Huellas de chapapote se emitise en Documentos TV o pasado domingo pero a programación mudou no último momento co argumento de que se está a desenvolver o xuizo pola catástrofe e que a cadea non quere "interferir en procesos abertos"
A Xunta Electoral Central rexeita a documentación enviada dende o Concello de Monterrei para informar da substitución dun concelleiro do BNG por estar redactada en galego, o que impedirá a súa toma de posesión no vindeiro pleno. O Concello xa remitiu de novo toda a documentación, desta volta en castelán.
Google creará un fondo de 60 millóns de euros para "a transición dixital e a innovación", despois de que durante anos a prensa francesa lle reclamase compensacións por publicar as súas novas en Google News.