A dirección de TVE impide a emisión dun documental sobre o Prestige. Estaba previsto que Huellas de chapapote se emitise en Documentos TV o pasado domingo pero a programación mudou no último momento co argumento de que se está a desenvolver o xuizo pola catástrofe e que a cadea non quere "interferir en procesos abertos"