Probas do caso Gürtel ligadas a Galicia avalan a veracidade dos papeis de Bárcenas. Os 21 millóns de pesetas que anotou o extesoureiro en 1999 como entregas do partido en Galicia non foron declarados a Facenda, segundo a investigación do Gürtel. Quen entregou eses cartos foi Pablo Crespo, daquela secretario de Organización del PPdeG.